#Claves de la semana

Rexeitan atender en Atención Temperá do CHUS un bebé con Síndrome de Down

A nai da nena de 6 meses denuncia nun vídeo que buscaron a axuda dunha entidade privada pola demora na primeira cita de valoración e, agora, o Hospital desenténdese.


|

Unha nena de 6 meses con Síndrome de Down foi rexeitada en Atención Temperá no hospital Clínico de Santiago. Súa nai, Noemí Álvarez Villar, denuncia nun vídeo a denegación da inclusión da súa filla na Rede galega pública de atención temperá por estar sendo atendida nunha entidade privada. 


No vídeo, Noemí, xustifica a decisión da familia, precisamente, na demora da valoración da nena, que non foi recibida ata os 6 meses. Por iso, buscaron "fóra a atención temperá que desde o hospital non se nos daba inicialmente". Agora, o CHUS desenténdese e conclúe que "non é preciso complementar a atención que xa recibe na entidade privada".


relacionada "No tengáis miedo a denunciar" la situación de la sanidad pública
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE