Aumentan a 237 os casos de zika en España, 10 deles en Galicia

|

Zika 2


O número de casos diagnosticados en España do virus do Zika aumentou esta semana de 229 a 237, deles 38 son mulleres que estaban embarazadas no momento da toma das mostras, segundo os datos da Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica notificados ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Do total, dez corresponden á Comunidade galega.


Segundo informa Sanidade, que en colaboración co Instituto de Saúde Carlos III e as comunidades estableceu unha vixilancia de casos importados de enfermidade, 91 dos casos confirmados de infección por virus Zika notificáronse en Cataluña, 60 en Madrid, 15 en Aragón, 14 en Castela e León, 10 en Galicia, 9 na Comunidade Valenciana, 7 en Andalucía, 6 na Rioxa, 6 no País Vasco, 5 en Navarra, 5 en Baleares, 4 en Canarias, 2 en Asturias, 2 en Murcia e 1 en Castela-A Mancha.


En Galicia, dos dez casos confirmados, nove deles son en adultos e é un conxénito. Deles, catro casos corresponden a mulleres embarazadas e, segundo engade, todos adquiriron a infección nunha área afectada.


Todos eles foron detectados en persoas procedentes ou que visitaran países afectados, salvo un caso autóctono de transmisión por vía sexual na Comunidad de Madrid (notificado o pasado 1 de xullo), rexión na que non se detectou a presenza do mosquito 'Aedes albopictus'. En dous casos detectouse Zika congénito; en ambas as ocasións as nais infectáronse en zonas de risco.


PROTOCOLO DE VIXILANCIA


Recoméndase a calquera persoa que estivese nalgunha zona na que exista o virus pospoñer oito semanas desde o seu regreso as relacións sexuais sen protección con mulleres que estean embarazadas ou teñan intención de selo, para evitar un posible contaxio a través do seme e dado o posible risco de microcefalia fetal que aínda non se confirmou.


As mulleres embarazadas que viaxasen a países de risco por virus Zika someteranse a análise de sangue e ouriños se ao regresar a España presentan algunha sintomatoloxía indicativa da infección.


E en caso de confirmarse a presenza do virus, realizaranse ecografías seriadas para controlar o crecemento e, sobre todo, a morfoloxía fetal cada dúas semanas, sendo imprescindible o concurso de obstetras avanzados no diagnóstico ecográfico prenatal e na sospeita diagnóstica de infección fetal.

relacionada Nace en Cataluña el primer bebé de Europa con microcefalia por el virus del zika
relacionada ​Hai rexistrados 7 casos de Zika en Galicia

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress