​A colleita da Ribeira Sacra, con "menos quilos pero de calidade moi boa"

|

Ribeirasacra


"Menos quilos pero de calidade moi boa", así resumiu como vén a colleita de uva na Ribeira Sacra o presidente da Denominación de Orixe, José Manuel Rodríguez.


Rodríguez puntualizou que xa se iniciou a vendima, que o "tempo axuda"a pesar desas inclemencias meteorolóxicas de saraiba a mediados de agosto polo que se chegaron a solicitar axudas ás distintas administracións.


Calcula que se colleitarán sobre "cinco millóns de quilos de uva", un "millón menos que na campaña pasada", que se traducirá nunha produción de viño de "3.700.000 litros".


Rodríguez recoñece que a colleita vén "normal tirando a escasa", aínda que destacou que "a calidade vén moi boa porque o tempo está a axudar agora". "Estamos a ter un tempo ideal para facer a vendima", resaltou.


A campaña concluirá na segunda semana do próximo mes de outubro. A Denominación de Orixe Ribeira Sacra comprende "máis de 3.000 viticultores" para 1.300 hectáreas da devandita denominación.



relacionada ​Os viticultores da Ribeira Sacra tratan de paliar os danos nas colleitas

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress