#Claves de la semana

A viguesa Irene Garrido será nomeada nova secretaria de Estado de Economía

Actualmente é portavoz da Comisión de Economía do Congreso e xa fora presidenta do Instituo de Crédito Oficial.


|

Irenegarridosecretariaestado


O Consello de Ministros nomeará previsiblemente este venres á deputada por Pontevedra Irene Garrido Valenzuela (1960), portavoz da Comisión de Economía e Competitividade do Congreso dos Deputados, nova secretaria de Estado de Economía e Apoio á Empresa, en substitución de Íñigo Fernández de Mesa, informaron a Europa Press fontes do Ministerio de Economía.


Irene Garrido é doutora en Ciencias Económicas e Empresariais e foi portavoz adxunta da Comisión de Economía e Competitividade do Congreso dos Deputados.


Ademais, dirixiu o departamento de Economía Financeira e Contabilidade na Universidade de Vigo, así como coordinou o centro docente de investigación da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP).


Pola súa banda, a actual presidenta do ICO, Emma Navarro, será nomeada secretaria Xeral do Tesouro en lugar de Rosa Sánchez-Yebra. Dáse a circunstancia de que Garrido foi a antecesora de Navarro á fronte do Instituto de Crédito Oficial.


IRENE GARRIDO


Nada en Madrid en 1960, a nova secretaria de Estado de Economía é doutora en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa traxectoria profesional está moi vinculada ao mundo universitario, concretamente á Universidade de Vigo, onde desempeñou diferentes cargos de xestión.


Foi directora de diversos másteres e cursos universitarios, entre eles, o Máster en Xestión e Dirección Financeira de Empresas, participou activamente en programas de investigación sobre mercados e instrumentos financeiros e colaborou na elaboración de proxectos de I+D. Así mesmo, publicou libros e artigos científico-técnicos, tanto en España como en Estados Unidos.


Desde 2006 a 2011 foi directora do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo, así como coordinadora do centro docente de investigación da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP).


Así mesmo, desde novembro do 2011 ata agosto de 2014 foi deputada nas Cortes pola provincia de Pontevedra na X lexislatura, onde foi portavoz adxunta da Comisión de Economía e Competitividade do Congreso dos Deputados, vogal das comisións de Orzamentos, Sanidade e Servizos Sociais e da comisión para as Políticas Integrais da Discapacidade, así como da Subcomisión para a Reestruturación Bancaria e o Saneamento Financeiro.


Tamén foi relatora en diversas leis no ámbito económico e financeiro, entre elas a Lei de Ordenación, Supervisión e Solvencia de Entidades de Crédito, e foi presidenta do ICO do 29 de agosto de 2014 ata o 13 de novembro de 2015, para posteriormente resultar elixida como deputada das XI e XII lexislaturas.


Na actualidade, Garrido é vogal suplente da Deputación Permanente, portavoz da Comisión de Economía e Competitividade, vogal da Comisión de Orzamentos e presidenta da Delegación española na Conferencia sobre Estabilidade, Coordinación Económica e Gobernanza na Unión Europea (Ceceg).

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE