#Claves de la semana

Un programa de doazón de cerebros para a investigación do 'párkinson'

O innovador programa foi presentado polo neurólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol Diego Santos García. 


|

Parkinsonmanosanciana


O neurólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol Diego Santos García presentou o pasado venres na cidade departamental un innovador programa de doazón de cerebros para avanzar na investigación sobre o párkinson.


O proxecto Coppadis, no que traballa Santos García, trata de definir "de forma rigorosa e completa" unha poboación de pacientes con enfermidade de párkinson a nivel nacional co obxectivo de "identificar e analizar as diferentes complicacións" que causa esta doenza.


No marco desta iniciativa está a desenvolverse un programa de doazón de cerebros de pacientes desta enfermidade no que participan nove bancos de todo o Estado, segundo informou a Consellería de Sanidade a través dun comunicado.


Este proxecto innovador consta de dúas fases. Na primeira, cun prazo de 16 meses, "recrutaranse voluntarios" e, tras iso, realizaráselles un seguimento durante cinco anos.


Así, na iniciativa participan 45 centros hospitalarios, 800 pacientes, 400 controis, 600 coidadores e conta coa implicación de máis de 130 investigadores.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE