​A gaiteira ourensá Cristina Pato opta a dous Grammys

|

A gaiteira de Ourense Cristina Pato participa en dous proxectos que optan este ano aos Premios Grammy, os principais galardóns mundiais da música, que cumpren a súa edición número 59.


En concreto, Cristina Pato opta a estes galardóns pola súa participación na formación Silk Road Ensemble, candidata ao mellor álbum de 'World Music' por 'Sing me home'; e pola película documental 'The music of strangers', dirixido por Morgan Neville e candidato ao Grammy ao mellor filme musical.


Yo-Yo Ma e o Silk Road Ensemble estreou o pasado mes de abril o disco 'Sing me home', que inclúe unha nova versión da canción tradicional galega 'Cabaliño', gravada xunto a músicos galegos e membros do proxecto 'Rústica'.


O álbum foi desenvolvido e gravado en paralelo ao proxecto 'The music of strangers: Yo-Yo Ma and the Silk Road Ensemble', un documental do director gañador dun Óscar e un Emmy Morgan Neville, que se estreou en xuño nos cinemas de todo o mundo.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress