#Claves de la semana

​Salvamento Marítimo evacúa a unha octoxenaria dun buque a 140 millas da Coruña

A pasaxeira de 84 anos tivo que ser evacuada do buque 'Boudicca' que fai a travesía Vigo - Liverpool por deficiencia respiratoria e sangrado intestinal. 


|

Boudiccamarinetraffice

// Marine Traffic


Salvamento Marítimo evacuou este venres a unha pasaxeira de 84 anos do buque 'Boudicca', que viaxaba de Vigo a Liverpool, a 140 millas (260 quilómetros) ao norte da Coruña.


O Centro de Coordinación de salvamento MRCC Falmouth solicitou a colaboración de Salvamento Marítimo de España, xa que a pesar de que o buque 'Boudicca' se atopaba en zona de responsabilidade SAR británica (neses momentos achábase a 165 millas da Coruña), o helicóptero de salvamento con capacidade de chegar á zona máis próximo era o 'Helimer 209' con base na Coruña.


Por parte do Centro de Coordinación de Fisterra indicóuselle ao buque que puxese rumbo sur para achegar o máis posible o punto de encontro co helicóptero de salvamento.


Finalmente, o encontro produciuse a 140 millas ao norte da Coruña, onde o helicóptero puido izar á pasaxeira, de 84 anos de idade, que "sufría dificultade respiratoria e sangrado intestinal", segundo informou Salvamento, e a un acompañante. Foron trasladados ata o aeroporto de Alvedro, onde llegarón ás 15,30 horas e onde os recolleu unha ambulancia.


O buque de pasaxe 'Boudicca', con bandeira de Bahamas e 205 metros de eslora, realiza a travesía entre Vigo e Liverpool e a bordo viaxan 692 pasaxeiros e 366 tripulantes.

relacionada Os armadores tratan de reflotar a embarcación fundida en Malpica
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE