puebla

Feijóo destaca que ademais do naval, a automoción e o desenvolvemento urbanístico son actualmente sectoree nos que Galicia pode canalizar novas vís de colaboración con México

Lembra que o Goberno mexicano está a dar un forte impulso ao urbanismo e á construción de vivenda pública, así como de equipamentos de abastecemento e saneamento, e isto supón, di, “un nicho de negocio evidente” para as empresas galegas deste eido


Asegura que as posibilidades comerciais non abranguen só ao sector da construción, senón aos relativos á consultoría de arquitectura, de enxeñaría, á consultoría e execución de obra en materia de abastecemento e saneamento de auga, ou en materia de eficiencia enerxética. “Estamos, -engade-, ante un dos grandes motores económicos do México actual”


“Ademais do naval, o tema da construción e da enxeñaría forma parte xa dun bloque de relacións bilaterais entre México e Galicia”, abonda.


A automoción pode ser o nexo de unión entre Galicia e o Estado de Puebla para favorecer intercambios en materia de innovación, de investigación, ou no ámbito das empresas auxiliares do sector do automóbil.


Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress