#Claves de la semana

O Sergas realiza novos cribados este venres e sábado na Illa de Arousa ante o avance de contagios

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) realiza este venres e sábado, días 8 e 9 de xaneiro, novos cribados preventivos na Illa de Arousa (Pontevedra) ante o avance dos contagios por covid-19 nesta zona.

|

Cola en cribado de coronavirus realizado en Santiago o 24 de outubro de 2020

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) realiza este venres e sábado, días 8 e 9 de xaneiro, novos cribados preventivos na Illa de Arousa (Pontevedra) ante o avance dos contagios por covid-19 nesta zona.

Diso informou a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés nun comunicado remitido aos medios, no que indica que este municipio rexistra unha de taxas de incidencia acumulada de casos a 14 días máis altas de Galicia.

Ante iso, o Sergas considera de interese preventivo continuar cos cribados poboacionais a colectivos con rangos diversos de idade e coa devandita incidencia elevada. O obxectivo é detectar o maior número posible de asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contagios.

Deste xeito, Sanidade levará a cabo novos cibrados voluntarios da poboación de máis de 15 anos con test en mostra de saliva. Os usuarios de 15 ou máis anos de idade con Tarxeta Sanitaria na Illa elévanse a 3.663, dos que 3.057 teñen entre 15 e 69 anos --colectivo ao que se lle efectuará voluntariamente o cribado-- e outras 606 persoas teñen máis de 70 --grupo ao que se lle efectuará voluntariamente unha mostra nasofaríngea".

Para facer estas probas, o Sergas desprazará a 12 profesionais coordinados por un facultativo, que comezarán o traballo o vindeiro venres con seis equipos que entregarán aos cidadáns botes de recollida de mostras de saliva entre as 8,30 e as 19,30 horas.

Xa o sábado, outro tres equipos tomarán mostras nasofaríngeas voluntarias á poboación da Illa de máis de 70 anos; mentres que outros dous equipos farán a recollida dos botes entregados para as mostras de saliva o día anterior.

O resultado será comunicado a través de SMS aos cidadáns en caso de ser negativo. Pola súa banda, de tratarse dun positivo, será informado de forma individual a cada cidadán.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE