#Claves de la semana
A arquitecta da Deputación, Eva Reza, especialista en urbanismo, forma parte da comisión que traballa neste proxecto de recuperación do distrito máis antigo de Manila

A Deputación de Ourense colabora coa Axencia Española de Cooperación na recuperación da “Cidade Vella” de Manila

Participa nun proxecto arquitectónico e de promoción económica en Intramuros, a cidade amuralla da capital filipina


|

Ourense, 16 de febreiro de 2015.-A Deputación de Ourense foi elixida pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) para participar nun importante proxecto arquitectónico de ámbito internacional que ten como obxectivo a recuperación de “Intramuros”, a cidade amurallada máis antiga de Manila, capital de Filipinas, construída polos españois no século XVI e que constitúe o distrito máis antigo da cidade.



A arquitecta da Deputación de Ourense Eva Reza, especialista en Urbanismo, foi a técnica designada para formar parte da comisión solicitada pola administración de Intramuros, a través da Embaixada de España en Filipinas, que ten como finalidade estudar e planificar a mellor estratexia de recuperación desta xoia arquitectónica urbanística. Os traballos que leva a cabo a comisión consisten, en opinión de Eva Reza, “en avaliar o grao de deterioro da cidade vella, planificar as actuacións de rehabilitación e da mellora da mobilidade, e propiciar un espazo urbano de calidade que permita tamén a promoción da actividade económica en Intramuros”.



A colaboración da Deputación de Ourense neste proxecto -que se realiza por medio da Dirección de Relacións Culturais e Científicas de AECID- nace do coñecemento por parte de Axencia Española de Cooperación Internacional do labor que ven realizando a institución provincial na defensa e protección da conservación do patrimonio cultural na provincia de Ourense, unido á traxectoria profesional e investigadora de Eva Reza, licenciada na ETSA de Navarra e que conta con másteres en Restauración Arquitectónica, Xardinería e Paisaxismo e Dereito Urbanístico e Medio Ambiente, ademais de ter a certificación Project Manager para desenvolver proxectos de recuperación urbana como o de Manila.



O pasado mes de xaneiro a comisión para o proxecto Intramuros reuniuse en Manila para analizar sobre o terreo o grao de degradación da cidade vella (destruída durante a Segunda Guerra Mundial) e definir a estratexia de intervención para a rehabilitación integral desta contorna urbanística. Segundo explica Eva Reza, “estes días estase a redactar o anteproxecto de planeamento, conxuntamente coa Oficina Técnica da AECID en Manila, que será entregado á administración de Intramuros coa intención de facilitarlle a xestión nos trámites de inicio da recuperación deste distrito”.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE