#Claves de la semana
OPERACION CONDOR

O Servizo de Vixilancia Aduaneira analiza a documentación intervida na ‘Operación Cóndor’

O Servizo de Vixilancia Aduaneira analiza a documentación intervida no marco da ‘Operación Cóndor’, na que foron detidas dez persoas -seis en Galicia e dous en Madrid-, entre elas o presidente do grupo empresarial Monbus, Raúl López, que quedaron en liberdade tras pasar a disposición do Xulgado


|


O Servizo de Vixilancia Aduaneira analiza a documentación intervida no marco da ‘Operación Cóndor’, na que foron detidas dez persoas -seis en Galicia e dous en Madrid-, entre elas o presidente do grupo empresarial Monbus, Raúl López, que quedaron en liberdade tras pasar a disposición do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, que instrúe esta causa.


Así o sinalaron fontes da investigación, que indicaron que, tras os dez efectuados a semana pasadas, non se practicaron máis arrestos nin novos rexistros no marco desta operación, que está aberta.


Ademais das dez detencións, Aduanas incautouse de 1,3 millóns de euros neste operativo, a maioría en hoteis, salvo 80.000 euros intervidos nun vehículo de Raúl López.


Este luns, a empresa Monbus confirmou que segue operando “con normalidade”, como xa transmitira aos usuarios e á cidadanía en xeral o xoves pasado tras o arresto do seu presidente e outros traballadores.


EN LIBERDADE


O domingo quedaron en liberdade os dous últimos arrestados en pasar a disposición xudicial, dous militares arrestados o pasado xoves en Madrid. A xuíza instrutora da causa, Pilar de Lara Cifuentes, deixounos libres sen fianza, pero imputados na causa.


En concreto, ambos os dous militares, un tenente coronel e un membro da brigada paracaidista, pasaron a disposición xudicial na mañá do domingo tras ser trasladados dende a capital madrileña a Lugo.


De Lara tamén decretou liberdade, aínda que baixo fianza de 20.000 euros, para o presidente de Monbus, que non poderá saír do país, ao ter retirado de forma preventiva o pasaporte, e deberá comparecer no xulgado os luns e mércores.


Raúl López iniciou a súa comparecencia ante a xuíza na tarde do sábado e concluíu na madrugada do domingo, despois de que ao longo da xornada De Lara tomase declaración a dous traballadores de Monbus detidos tamén en Madrid -ao igual que os militares-, que quedaron tamén en liberdade imputados.


DELITOS


No marco desta operación, denominada ‘Cóndor’, investíganse delitos contra a facenda pública, branqueo de capitais, falsidade, delito contable, tráfico de influencias e suborno.


En Galicia, ademais do presidente de Monbus, foron detidas cinco persoas, tres en relación coa axencia de viaxes InterRías; o responsable financeiro de Monbus, Jesús U.; e o xenro de Raúl López, Rafael C.. Todos eles foron postos en liberdade tras pasar a disposición xudicial o venres. Para Rafael C., en concreto, a xuíza fixou unha fianza de 15.000 a aboar nun prazo de cinco días para evitar o seu ingreso en prisión.


Así mesmo, en este operativo efectivos do Servizo de Vixilancia Aduaneira, dependentes do Departamento de Alfándegas e Impostos Especiais da Axencia Tributaria, incautáronse na mañá do venres do ordenador e o móbil dun funcionario do Ministerio de Fomento.


En concreto, trátase do ordenador e o teléfono móbil dunha funcionario de Fomento que desenvolve o seu labor no departamento encargado de transportes terrestres en autobús.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE