PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • ENCE
  • SERGAS
  • INDITEX
  • Ley solo sí es sí
Cos Arquitectos Manuel Gallego Jorreto e Xerardo Estévez

O ciclo “Nexos do Gaiás” achega o proceso creatrivo dos arquitectos

O sábado 18 de abril participarán na Cidade da Cultura no ciclo ‘Nexos’ nunha sesión que leva por título ‘As cidades imaxinadas’.

Redacción
Redacción
| viernes, 3 de abril de 2015, 12:58
  • 0
ARCHIVADO EN | Aquitectura Gallego Jorreto Xerardo Estévez


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida aos amantes da arquitectura a descubrir os procesos creativos desta profesión da man de Manuel Gallego Jorreto e Xerardo Estévez, que o sábado 18 de abril participarán na Cidade da Cultura no ciclo ‘Nexos’ nunha sesión que leva por título ‘As cidades imaxinadas’.


A terceira edición de ‘Nexos’, o ciclo de cultura contemporánea do Gaiás que comezou o pasado sábado cunha xornada dedicada ao pensamento da filósofa María Zambrano, centrarase desta volta en espir a intimidade dos arquitectos, os seus anhelos e obsesións, o equilibrio entre as capacidades técnicas e a expresión da súa visión persoal.


Este diálogo terá como protagonistas a Manuel Gallego Jorreto e Xerado Estévez, dúas referencias na arquitectura contemporánea. Gallego Jorreto foi Premio Nacional de Arquitectura no 2010 e recibiu a Medalla de Ouro da Arquitectura pola súa traxectoria profesional. Foi profesor de Urbanismo da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Discípulo de Alejando de la Sota, a súa obra é un referente da arquitectura racional na península. Xerando Estévez é arquitecto e urbanista. Foi alcalde de Santiago de Compostela durante catro lexislaturas e, baixo o seu mandato, a cidade foi recoñecida como Patrimonio da Humanidade pola Unesco e co Premio Europeo de Urbanismo.


Estrea dunha videocreación


Nesa sesión estrearase unha videocreación titulada ‘Imaxinarios sonoros de Compostela’, ideada expresamente para ‘Nexos’, onde os músicos Nacho Muñoz e Mig Seoane realizan unha serie de microperformances no espazo público, utilizando as rúas de Compostela e o Gaiás coma un xigantesco instrumento musical. Os interesados en participar poden reservar a súa praza, de balde, na web www.cidadedacultura.gal


Como é habitual no ciclo ‘Nexos’, organizarase tamén un ‘Nexos infantil’, onde os nenos –de 5 a 12 anos- poderán achegarse ao mundo de arquitectura a través de xogos didácticos.


Como o resto do programa cultural da Cidade da Cultura, ‘Nexos’ está patrocinado polas empresas integradas no padroado da Fundación privada Gaiás. Ademais, esta edición conta coa colaboración da Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, de Martín Códax e de Pan do Mar.


Na súa edición de 2015, ademais da sesión dedicada a María Zambrano e a centrada na arquitectura, ‘Nexos’ abordará tamén o mundo da arte contemporánea, cunha sesión o 9 de maio titulada ‘Esplendor e farsa da arte contemporánea’, e na relación entre gastronomía e literatura cun sesión de peche de ciclo que leva por nome ‘O deleite da palabra. Larpeiradas dos literatos’, na que está prevista a asistencia de Donna Leon.


  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

Detenidos dos hombres por un atraco en un comercio 24 horas de Ourense

La Xunta recoge en Vigo el Premio Feafes otorgado por su labor de inserción laboral de personas con enfermedad mental

Aplazado por la huelga de letrados un juicio en Ourense contra un hombre acusado de abusos sexuales a su hija

Jácome: "Nunca en la historia de Ourense hubo un gobierno o un alcalde que abordase tal cantidad de gestión de obras"

Cabeceralomasleido 1
1
Dos autobuses de Monbus tiroteados en Betanzos, sin dejar heridos pero sí daños personales
2
¿Dónde y cómo puedo ayudar a Turquía y Siria? Esta es la lista de cosas que ONGs y voluntarios piden para la ayuda humanitaria
3
​¿El nuevo desafío de Marruecos a España es un tema económico?
4
Estrella Galicia compra Grandes Pagos, bodega del presidente del Celta en la que fue accionista un conselleiro
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora