Gala do Deporte galego 2014 en Vilagarcia de Arousa

David Cal, homenaxeado nos Premios do Deporte Galego 2014


|

Así o confirmou o presidente da Xunta de Galicia, institución titular das instalacións a través da Secretaría Xeral para o Deporte, na entrega dos Premios do Deporte Galego celebrada este xoves 9 de abril no Auditorio de Vilagarcía, recollendo o demandado po las redes sociais e formalizada pola Federación Galega de Piraguismo.


O máximo medallista olímpico español da historia recibiu na gala unha merecida homenaxe tras anunciar a súa retirada de competición activa.


Alberto Núñez Feijóo foi o primeiro en tomar a palabra no acto para agradecer a David Cal "levar o piragüismo ás portadas", pero sobre todo "pasear orgulloso os nomes de Cangas e Galicia por todo o mundo" sendo "un exemplo para t O presidente fai entrega do premio a David Cal               odos, especialmente para os máis novos", sinalou o presid                                                                                         ente autonómico.


Os Premios Deporte Galego distinguiron nas súas 17 categorías aos deportistas, persoas ou organizacións que máis fixeron polo deporte en Galicia durante o ano 2014, sendo o grande ausente Javier Gómez Noya ao encontrarse en Australia para participar na terceira proba das Series Mundiais de Triatlón.



Os galardoados nesta edición foron:

  • Mellor deportista masculino: Javier Gómez Noya (tríatlon).
  • Mellor deportista feminina: Vanesa Sotelo (fútbol sala).
  • Mellor deportista masculino con discapacidade: Alejandro Vidal (parataekwondo).
  • Mellor deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez (paratríatlon).
  • Mellor equipo masculino: Carlos Paz e Antón Paz (vela).
  • Mellor equipo feminino: Alejandra Suárez e Helena Pérez (vela).
  • Mellor equipo con deportistas con discapacidade: Club Baloncesto AMFIV (baloncesto en cadeira).
  • Mellor entidade na promoción do deporte base: Club Carmelitas Vedruna.
  • Mellor adestrador: Ferenc Szabo (halterofilia).
  • Mellor árbitro: Alberto Rodríguez (balonmán).
  • Mellor evento deportivo: O Marisquiño.
  • Mellor labor informativo: Javier Ferreiro.
  • Deportista revelación: Ex aequo, Andrea Ferreiro (hóckey) e Jaime de Haz (remo).
  • Patrocinio deportivo: Conservas Frinsa.
  • Premios 'Galicia Saudable': Circuíto Ribeira Sacra (carreiras populares), Fundación Maria José Jove e CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo
    .

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE