"Desenfoque na realidade da lingua"

|

O Parlamento galego rexeita, cos votos do PP, unha proposta do PSdeG que, entre outras cuestións, propuña derrogar o chamado decreto do plurilingüismo e recuperar a esixencia do coñecemento do galego para ocupar un posto na Administración autonómica.


O deputado do PP Agustín Baamonde asegurou que con este posicionamento os socialistas"escúdanse" nas propostas lingüísticas do nacionalismo que, na súa opinión, colocan os problemas do galego na educación e non ven "a realidade" de que as dificultades deste idioma pasan polo uso social da lingua.


O deputado do PSdeG Francisco Caamaño dixo que o posicionamento do seu partido coincide co expresado polo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e afirmou que o problema que atravesa o galego é "o desenfoque absoluto da realidade do idioma" que ten o PP e que, engadiu, "atenta contra a dignidade da lingua, máis aló da legalidade das súas políticas".

Caamaño reclamou que se cumpran os consensos alcanzados sobre a lingua respecto á súa normalización porque mentres, dixo, "o tempo pasa, as cousas non se fan e van morrendo progresivamente".

Entre outras propostas, o deputado socialista tamén pedía a constitución dunha comisión para a análise da situación da lingua galega e proceder, no seu caso, á actualización do Plan de Normalización.

Agustín Baamonde (PP) recriminou ao deputado socialista que faga unha proposta idéntica ás que adoita facer o nacionalismo político" e lembrou que o chamado decreto do plurilingüismo ten o respaldo e o aval da Xustiza.

"Escúdanse na realidade do nacionalismo para non presentar a súa propia", recriminou a Caamaño, a quen lle dixo, ademais, que o bilingüismo é "real" na sociedade galega, polo que animou ao deputado socialista a que se some ao consenso que, na súa opinión, supón o enfoque que o PP aplica á política lingüística.

O deputado de AGE Ramón Vázquez asegurou que o PP está "absolutamente só na súa posición de acoso e derriba ao galego" e instou a ese partido a recuperar o consenso sobre a normalización.

"Iso do bilingüismo armónico é unha invención do PP que somete ao galego a indefensión", concluíu.

A deputada do Grupo Mixto Consolo Martínez preguntouse que pasaría se alguén se puxese a facer buracos na catedral e lamentou a inacción da Xunta e do PP ante a agresión a un patrimonio incalculable como a lingua.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress