#Claves de la semana
TURISMO DE CRUCEIROS UN SECTOR EN ALZA EN GALICIA

O turismo de cruceiros promovese no Cruise 360, en Florida (USA)

O turismo de cruceiros é un sector en alza que moveu en Galicia máis de 345.000 pasaxeiros no ano 2014.


A oferta turística galega tamén promoveuse estes días en Brasil na feira Travel Market Latin América


|


Santiago, 24 de abril de 2015.-Turismo de Galicia participou no evento Cruise 360 que se celebra na cidade de Fort Lauderdale en Florida co obxectivo de promover a nosa comunidade como destino de cruceiros no leste dos Estados Unidos de América.


Neste encontro profesional, no que participaron os operadores turísticos especializados máis importantes desta área xeográfica, desenvolvéronse xuntanzas de traballo, seminarios e conferencias, nas que Turismo de Galicia contactou cos operadores turísticos e consignatarios norteamericanos.

Deste xeito, Turismo de Galicia participou en xuntanzas individuais con axentes turísticos especializados en cruceiros, e en distintas reunións colectivas para difundir os valores e os servizos turísticos de Galicia, en xeral, e a capacidade para atraer cruceiros, en particular.

O turismo de cruceiros, un sector en alza

O turismo de cruceiros é un sector en alza na nosa comunidade e así o demostran os datos.

O turismo de cruceiros en Galicia pasou de mover uns 120.000 pasaxeiros en 2003 a máis de 345.000 en 2014. Concretamente a nosa comunidade recibiu no pasado ano a un total de 345.665 pasaxeiros de cruceiros, o que supón un incremento do 1,1% en relación ao 2013.

O turismo de cruceiros presenta, polo tanto, un gran potencial e un gran recursos desestacionalizador, xa que a súa influencia alárgase dende o mes de abril ata outubro principalmente.

A cidade de Vigo foi a que máis pasaxeiros de cruceiros recibiu no pasado ano cun total de 176.019 e un incremento do 2,5% en relación ao ano anterior. Deste xeito, o porto do sur de Galicia acolleu o 50,9% do total dos cruceiristas que chegaron a nosa comunidade.

No segundo lugar situouse o porto de A Coruña, o cal albergou un total de 129.597 pasaxeiros procedentes de cruceiros, un 37,4% do total.

Á cidade de A Coruña síguelle o porto de Ferrol cun total de 39.017 pasaxeiros, o que supón o 11,3% do total. Compre destacar o espectacular incremento rexistrado por este porto que no pasado ano incrementou os seus cruceiristas nun 295,5%, en relación ao ano 2013.

Por último, o porto de Vilagarcía acolleu 1.032 pasaxeiros de cruceiros ao longo do 2014, o que supón o 0,3% do total de cruceiristas que visitaron a nosa comunidade.

WTM Latin América

Por outra parte, o turismo galego estivo tamén presente en Brasil na feira World Travel Latin América. Esta foi a primeira vez que Turismo de Galicia participa neste certame profesional que celebra este ano a súa 3ª edición, dentro do marco do encontro anual da Asociación Brasileira de Operadoras de Turismo – Braztoa-.

Galicia recibiu o ano pasado un total de 280.000 turistas estranxeiros procedentes de América, dos que 55.000 foron brasileiros, dato que supuxo o 5,2% dos turistas estranxeiros totais que visitaron Galicia en 2014. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE