COPERACION TRANSFRONTEIRIZA GALICIA PORTUGAL

O Igape pon en marcha un sistema de alertas sobre oportunidades de negocio internacionais para empresas TIC

O servizo de vixilancia tecnolóxica, aberto á participación de empresas e emprendedores galegos, enmárcase nas actividades do proxecto de cooperación transfronteiriza ACEint


O Igape participa no desenvolvemento desta iniciativa xunto coa Universidade de Santiago e a axencia de desenvolvemento do norte de Portugal BICMinho


|

27/04/15 |

O Igape, no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza ACEint, pon á disposición das empresas e emprendedores galegos un servizo de vixilancia tecnolóxica para a xeración de alertas sobre oportunidades de negocio dirixido especialmente ás empresas do sector TIC orientadas a mercados internacionais.

O proxecto ACEint, no que o Igape colabora coa Universidade de Santiago e a axencia de desenvolvemento portuguesa BICMinho, está financiado polo Feder ao amparo do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal e ten como obxectivo impulsar a creación, o desenvolvemento e a internacionalización de empresas TIC, coa finalidade de que actúen como catalizadores da competitividade na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Neste ámbito de cooperación estanse a poñer en marcha varios servizos e recursos para as empresas da Eurorrexión que desenvolvan a súa actividade ou liñas de negocio no sector das TIC, mellorando o acceso á información, e achegando asesoramento e formación á medida para o sector.

Como punto de partida dos servizos de vixilancia, liderados polo Igape, acaba de abrirse o servizo xeral de alertas e oportunidades de negocio para o sector TIC elaborado polo centro de recursos do proxecto ACEint. Este servizo pon en marcha unha ferramenta de vixilancia de oportunidades no mercado internacional, con carácter permanente, para a creación de novas empresas TIC ou para novas liñas de negocio TIC innovadoras e con potencial.

O sistema de alertas e oportunidades de negocio está deseñado a partir da integración e recompilación de información procedente de observatorios, informes, bases de datos e sistemas de vixilancia competitiva existentes específicas para empresas e emprendedores TIC. O servizo consiste na creación dun sistema que xera un informe quincenal que se envía aos emprendedores e empresas que estean dados de alta no servizo. Os interesados en participar neste servizo poden solicitar xa a súa inscrición na páxina http://aceint.eu.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE