#Claves de la semana
OBITUARIO

Morre o xornalista Juan Ramón Díaz, aos 74 anos

Na actualidade era director xeral do Grupo La Capital, que agrupa as cabeceiras de El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.


No Día Mundial da Liberdade de Prensa, as asociacións de xornalistas galegas quixeron recordar de forma especial a figura de Juan Ramón Díaz García e trasladaron as súas condolencias aos seus familiares e amigos.


|

3 de Maio de 2015.-Asociacións de xornalistas galegas expresaron este domingo o seu fondo pesar pola morte de Juan Ramón Díaz García, director de La Voz de Galicia durante dúas décadas e actual vicepresidente do grupo La Capital, editor de El Ideal Galego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.


Fillo do prestixioso xornalista José Díaz Jácome (Fillo Predilecto e Cronista Oficial de Mondoñedo), Juan Ramón Díaz García (1941) morreu este domingo na Coruña tras unha repentina enfermidade, informan fontes da Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) e da Asociación da Prensa da Coruña (APC), da que era socio co número 168.


Iniciado profesionalmente no Faro de Vigo, Díaz García foi galardoado en 2004 co Premio Diego Bernal en recoñecemento á súa traxectoria profesional, e o pasado mes de xaneiro, na vixésima edición do galardón, foi o encargado da lectura dos méritos do director de El Progreso, Lois Caeiro.

No Día Mundial da Liberdade de Prensa, as asociacións de xornalistas galegas quixeron recordar de forma especial a figura de Juan Ramón Díaz García e trasladaron as súas condolencias aos seus familiares e amigos.


Mañá pola tarde celebrarase un oficio relixioso para despedilo.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE