#Claves de la semana
Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco),

Feijóo destaca o sector da enxeñaría, consultaría e tecnolóxico como parte activa do novo modelo económico

Lembra os últimos avances acadados desde o sector naval, reflectidos no novo contrato de Navantia co Goberno de Turquía


|


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o sector da enxeñaría, consultaría e servizos tecnolóxicos como unha parte activa do novo modelo económico que Galicia está a construír, baseado na competitividade e o coñecemento. “Estamos a falar dun sector de empresas que, sen dúbida, están definindo un novo modelo da economía galega; unha economía cunha alta cualificación, cunha capacidade de exportación e de internacionalización e cunha capacidade de mellorar a propia produtividade das industrias e das fábricas de Galicia”, aseverou.


image_gallery2_6.jpg





Feijóo, que presidiu esta mañá o almorzo-coloquio coa Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco), salientou o papel fundamental deste sector cando se fala de diversificación dos sectores tractores galegos e da industria auxiliar, “xa que ademais de contar cun persoal altamente cualificado –incidiu- son empresas que entroncan moi ben coa diversificación da economía que Galicia pretende e que entroncan tamén ben co modelo de Industria 4.0 porque se dedican a mellorar a produtividade das compañías e teñen un grande interese na internacionalización dos seus produtos e dos seus traballos”.


Como proba deste potencial, Feijóo lembrou os últimos avances acadados desde o sector naval e máis concretamente desde os estaleiros públicos de Navantia. Non en van, Navantia acaba de asinar co Goberno de Turquía un contrato para o deseño e a construción dun buque anfibio do que participa como socio tecnolóxico, “o que supón un contrato de enxeñaría de 100 millóns de euros”.


Así mesmo, resaltou a finalización do Monforte de Lemos para convertelo nun buque de probas de pozos petrolíferos, cunha enorme complexidade técnica.


O titular da Xunta afirmou que falar de enxeñaría é tamén falar de infraestruturas e, nesta liña, referiuse a obras como: a ampliación da Ponte de Rande; a nova depuradora da ría de Vigo, “a obra hidráulica máis importante que se está facendo neste momento en España”; o tren de alta velocidade; e o plan de saneamento de Pontevedra “que conta cun grande número de quilómetros de colectores, tanques, depuradoras…”.


O titular da Xunta aseverou que, en definitiva, se trata dun sector con empresas con talento e potencial claramente exportable co que a Xunta leva traballando desde hai tempo. E, ao fío disto, recordou o acordo de colaboración asinado durante a súa última viaxe institucional a México coa Secretaría de Desenvolvemento Agrario, Territorial e Urbano do país, “para que a enxeñaría galega, os servizos tecnolóxicos galegos e os sevizos de consultaría poidan ter acceso a toda a capacidade construtiva que ten o Goberno mexicano”.


Neste mesmo campo e no marco da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, o responsable autonómico recordou que se está a avaliar tamén posibles iniciativas nos Estados Unidos e en Cuba.


Feijóo concluíu facendo fincapé na importancia da colaboración e cooperación para abordar os retos futuros “xa que estamos a falar de empresas que lle interesan ao futuro de Galicia, que teñen moito que dicir na nova economía galega que entre todos estamos a construír”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE