#Claves de la semana
GUITIRIZ

Besteiro fixa como obxectivo dos socialistas “reconstruír os concellos ante a situación na que os deixou o Partido Popular”


|


O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Guitiriz que o obxectivo dos socialistas tras as eleccións municipais do 24 de maio será o de “reconstruír os concellos ante a situación na que os deixou o Partido Popular”.


“O PP desfixo nos últimos catro anos o ben feito, deixando clara a irresponsabilidade de Feijóo e dos alcaldes”, manifestou o secretario xeral dos socialistas en Guitiriz, onde estivo coa candidatura do PSdeG liderada por Regina Polín.


O líder do PSdeG considera que “a loita contra o desemprego e o fortalecemento dos servizos sociais nacen nos concellos, que teñen que ter ademais solvencia económica; o único que fixo a dereita é aplicar recortes e anular os programas sociais dos municipios”.


“O PP é insolvente na xestión dos concellos e sempre din que a culpa é doutros en temas como a xestión dos residuos, o paro en empresas estratéxicas ou as becas para estudar”, apuntou Besteiro, que garante que os socialistas “iremos da man dos veciños, que foron os que padeceron os recurtes”.


“Faremos fronte á ineficacia do PP en materia de emprego e priorizaremos as necesidades dos cidadáns, os concellos nos que goberna a dereita están acabando co país, cun presidente da Xunta que renuncia ás súas competencias”, engadiu Besteiro.


Pola súa parte, Regina Polin lamentou “o abandono que o Partido Popular trouxo a concellos como Guitiriz nos últimos anos, a súa xestión é un exemplo do que non pode facer nunca un goberno”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE