#Claves de la semana
FUTBOL

Vitoria insuficiente

O Dépor gaña 2-0 ao Levante con goles de Lopo e Juanfran pero terá que agardar á derradeira xornada para acadar a permanencia. Deberá alomenos puntuar co Barça para non depender das derrotas dos rivais.



|

Ficha técnica:

Deportivo 2: Fabricio; Laure, Lopo, Sidnei, Manuel Pablo (Juan Domínguez, min.10); Salomao, Celso Borges, Álex Bergantiños, Luisinho; Lucas Pérez (Toché, min.89) y Oriol Riera (Juanfran Moreno, min.65).


Levante 0: Mariño; Iván López (Rafael, min.72), Vyntra, Ramis (Camarasa, min.65), Juanfran García, Toño García; Sissoko (El Zhar, min.46), Simao, José Mari; Morales y Víctor Casadesús.
Goles: 1-0: Lopo (minuto 20). 2-0: Juanfran (min. 80).


Árbitro: González González (leonés). Amarelas a a Oriol Riera (33'), Luisinho (43') e Lopo (77') no Deportivo e a Sissoko (16) e Víctor Casadesús (59) no Levante.


Incidencias: partido da 37ª xornada da Liga BBVA no estadio de Riazor ante 30.251 aficionados. O Deportivo posou coa segunda equipación, coa bandeira galega, polo Día das Letras Galegas.

Tras catorce xornadas sen vitorias, o Dépor fixo o que tiña que facer: gañou 2-0 ao Levante e rachou coa pero xeira da súa historia. Pero os tres puntos, que lle serven para seguir fóra dos postos de descenso, non son dabondo para certificar a permanencia. Foi a primera vitoria con Víctor Sánchez del Amo como adestrador, no seu sétimo partido co Dépor, pero a súa continuidade en Primeira dependerá do que aconteza na derradeira xornada, na que visita a un Barça xa campión.

Xogou o mesmo once que en San Mamés, pero a necesidade dos tres puntos obrigou a Víctor a dar saída a Salomao no canto de Juanfran. O Levante, ao que lle servía o empate, aliñou un 5-4-1 e cedeu sen recato a iniciativa ao rival. O Dépor tivo que mudar o plan inicial: Manuel Pablo caeu lesionado no minuto 8 e entrou Juan Domínguez de interior esquerdo, e Luisinho baixou ao lateral.


Empuxado polo seu público, o Dépor poñíalle gañas e dominaba, pero faltáballe profundidade: non disparou a portaría nos primeiros vinte minutos. Tivo a sorte de marcar no minuto 21 no lanzamento dunh falta: centrou Lucas Pérez e Albert Lopo, co pé, disfrazouse outra volta de salvador. Acadou o empate co Athletic hai unha semana e abriu o marcador fronte ao Levante. Pouco máis houbo antes do descanso: un centro de Salomao que non atopou rematador. Os de Lucas Alcaraz, nulos en ataque.


O Levante, xa con El Zhar no campo, adiantou un chisco as liñas, pero non foi ata o minuto 63 que probou a Fabricio, cun disparo lonxano de Víctor Casadesús que atallou o meta local en dous tempos. O Dépor parecía sestear, e Víctor meteu a Juanfran por Oriol Riera; e Lucas Pérez pasou a xogar de dianteiro. A incerteza polo resultado era o que mantiña esperto ao público, pero o Levante non parecía quen de poder crear perigo. A falla de dez minutos, Juanfran marcou un golazo coa esquerda dende o bordo da área e pechou o partido.


Unha vitoria no Camp Nou será a salvación, e cun empate podería chegar. Víctor confía nos seus: “Semella que nos queda unha xornada menos que ao resto”. O técnico confía en puntuar cun Barça xa campión e rexeita especular cos resultados dos rivais. Dépor e Granada suman 34 puntos; Éibar e Almería, 32. Na derradeira xornada: Barça-Dépor, Granada-Atleti, Eibar-Córdoba e Almería-Valencia.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE