#Claves de la semana
OURENSE

Besteiro: “Somos o partido da Galicia real, tamén a das persoas ás que Feijóo defraudou e traizoou”

 “O pobre Feijóo pide a berros que regresen os moderados que lle escapan a centos do seu partido, e resulta que o único que pide o reingreso no PP é Bárcenas”, afirmou Besteiro


|


O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou hoxe no mitin central de Ourense xunto co candidato á alcaldía, José Ángel Vázquez Barquero, e reivindicou o papel dos socialistas como “o partido da Galicia real”, tamén “a Galicia das persoas ás que o PP defraudou e deixou tiradas unha vez acadado o seu voto”.


Besteiro confrontou esa realidade co “lonxe que se atopan os dirixentes do PP da situación real das persoas nos seus concellos”, exemplificada na frase pronunciada onte por Rajoy (“Quién habla hoy del paro en España?”). Ante isto, respondeu o socialista: “Claro que falamos de paro en Galicia e en Ourense; falamos de paro, precariedade e emigración”, dixo, co dobre do número de parados na provincia desde que Feijóo está na Xunta, un 40% dos que teñen traballo que non chega a ser mileurista, e 12.000 persoas, principalmente mozos e mozas, que abandonaron a provincia.


Tras este escenario, afirmou Besteiro, “O pobre Feijóo pide a berros que regresen os moderados que lle escapan a centos do seu partido, e resulta que o único que pide o reingreso no PP é Bárcenas”. “Esa é a realidade do seu partido, asúmao señor Feijóo!”, dixo o socialista antes de introducir outra das “dez pragas” do PP que asolaron os concellos, a “da despoboación e a nova emigración dos mozos”, pois desde que Feijóo goberna Galicia perdeu case 50.000 habitantes.


Contra esta realidade, o secretario xeral do PSdeG reivindicou a necesidade de continuar co proxecto socialista e chamou aos ourensáns a “non permitir que Feijóo substitúa un alcalde de todos os veciños por un amigo seu, dos que sabe que non se atreven a dicirlle que non”. Tamén chamou a “non deixar que os Baltar lle contaxien á cidade a súa capacidade de deprimir territorios”, xa que “as zonas máis dinámicas de Ourense” son as que gobernan os socialistas, a propia cidade, O Barco, Ribadavia ou Amoeiro, por exemplo.


“Os socialistas fixemos da cidade de Ourense a capital galega do termalismo, un exemplo de dinamización do centro urbano e a porta da alta velocidade galega. E que fixeron os Baltar pola provincia coa aquiescencia de Feijóo? Paro, precariedade e emigración”, insistiu. Sobre o candidato á alcaldía destacou que “Barquero ten un traballo como concelleiro que o avala e foi elixido polos ourensáns, mentres que o ex conselleiro foi enviado aquí a dedo polo xefe do seu partido”.


“Creo que Feijóo anda por Ourense, será que hoxe lle deixou vir Baltar. Xa sabedes por que aparece Feijóo estes días por Ourense. Vén pola provincia porque a ve como un caladoiro de votos. Só por iso. Logo xa non volve”, afirmou Besteiro, que chamou a “demostrarlle a Feijóo que Ourense é moito máis que iso”.


“O PSdeG somos a única maioría de esquerdas que suma nos concellos para que o cambio chegue a toda a provincia. Por iso cómpre seguir cunha xestión socialista no concello e romper tamén a liña dinástica do Partido Popular que reina na Deputación e que Feijóo permite e admite como natural”, dixo o socialista, que incidiu en que “non se pode confiar máis no partido que traizoa aos que lle votan, non se pode confiar no partido que máis traizoa ás persoas”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE