#Claves de la semana
A CORUÑA

Vence ao electorado indeciso: “o voto BNG-Asembleas Abertas é clave para derrotar ao PP e para construír país desde os concellos”

“Que rápido se suman os novísimos madrileños á tese do PP de que sobran universidades, pensa pechar a Complutense?”, interpelaba


|


acorunha2O portavoz nacional, Xavier Vence, apelou ao electorado indeciso co argumento de que BNG-Asembleas Abertas é a única alternativa nacionalista “para quen lle doa a situación crítica do país como consecuencia das políticas de recortes e de submisión a Madrid do PP”, e instou a ir votar o 24M “para non arrepentirse de resultados inesperados o 25M”.


“Aínda hai moitos galegos e galegas que teñen dúbidas e a eles me dirixo para dicirlles que o voto BNG-Asembleas Abertas ten un valor dobre: é clave para derrotar ao PP nos concellos de toda Galiza e non só nun puñado de cidades, e representa a única alternativa para construír un proxecto nacionalista no conxunto do país”.


“Plantamos cara á dereita en todo o territorio, non nun cantón, nin nun selecto número de concellos”, subliño Vence no mitin de Coruña. “Fronte ao cantonalismo e o culto ao efémero, BNG-Asembleas Abertas ten un proxecto claro, sólido e fiable para toda Galiza desde os concellos, e nos presentamos co aval do traballo feito alí onde gobernamos”.


O dirixente nacionalista puxo en valor a traxectoria do candidato Xosé Manuel Carril, “traballador incansable, exemplo de honradez e de compromiso, loitador de todas as causa xustas, sempre con quen máis o precisa, ningunha loita social nesta cidade lle foi allea”, dixo, “porque Carril defende unha Coruña de benestar para

acorunha3

 todos e todas, fora do puñado de privilexiados do Parrote”.


Por unha Coruña “nova, social, sustentable e plenamente galega” traballou o BNG estes catro anos contra un PP de Negreira “que sumiu a cidade na corrupción, na parálise e na incultura casposa”. Por iso, o 24M a veciñanza porá a este PP “onde lle corresponde, no faiado cos traxes que cheiran a naftalina”, proclamou Vence, convencido de que “mesmo os votantes moderados darán as costas a un PP radicalmente antisocial e antigalego”.


Vellas leccións


Vence cualificou a Feijióo de “hooligan dos recortes” con especial “saña” na sanidade e na educación públicas, declarando “sen complexo algún que sobran universidades” . “Unha moda á que vimos que se apuntan os novísimos madrileños como Pablo Iglesias. Supoño que non pensa pechar a Complutense, así que debe ser en provincias onde sobran universidades, que rápido aprenden as vellas leccións”, ironizou.


Hai que optar


Carril, que fixo un emotivo agradecemento ás persoas asinantes do manifesto de apoio a súa candidatura, deixou claro que o 24 de maio hai que optar pola xustiza social que defende o BNG ou polos privilexios que defende o PP.


“Se queremos ser persoas e non cifras bancarias, se queremos pan e non fame, se queremos traballar na terra e non emigrar, se queremos ética e non corrupción, se queremos vida e non recortes,…o 24 de maio hai que votar BNG-Asembleas Abertas”, proclamou.


Carril pediu o voto cunha síntese do que defende BNG para a cidade da Coruña: “Traballo, teito, benestar, xustiza social, acabar coas fronteiras entre ricos e pobres e todo apostando pola nosa soberanía”, concluíu.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE