OPINION

Insumisos

José Luis Fernández Díaz
Colaborador

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. 

Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.

Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras. 

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Xa tomamos a recta final deste curso 2014-2015. Demasiados problemas e tensións seguen latentes na Comunidade Educativa, e a LOMCE continúa deixando ao seu paso incertidume e preocupación. Neste avance firme da Lei Orgánica, aparecen novos decretos, sen deixar un tempo para que o profesorado e os alumnos poidan asimilar as reformas lexislativas e organizativas dos centros. Cada día vemos nos medios de comunicación que hai unha chamada a que os pais dos nenos e nenas de 3º de Primaria se neguen a facer a proba de avaliación que esixe a lei. Resulta obvio que este “pateleo” dos pais non nos conduce á mellor das solucións. Como se lle explica a un neno de 9 anos que se declare insumiso para facer un exame? Estou seguro que os pais terán todo tipo de argumentos para tratar de evitar conflictos nas mentes dos seus fillos. A figura do mestre é para eles un importante referente que sempre leva razón, porén, a idea de evitar un exame unha vez, fica firme nas súas mentes e os alumnos tentarán escapar dos exámenes cando cheguen outras avaliacións.


Neste mesmo sentido de buscar solucións, ollamos con desconfianza o panorama político que se nos presenta. A precipitación do Governo pola implantación e aplicación da LOMCE está a xenerar un verdadeiro caos de organización e planificación dos cursos, tanto en educación primaria como na secundaria obrigatoria. Durante moitos anos esperamos con impaciencia un acordo en materia de educación, pero a realidade é que non chegou. Ademáis, de seguir nas mesmas que estamos, nunca o acordaremos.


Por outra parte, si sabemos que esta lei ten os días contados, e nese desencontro político non hai achegas que nos leven a ver un obxectivo cheo de esperanza. A sociedade que entre todos construimos, no que calquera persoa que tivera capacidades e cualidades intelectuais podía estudar unha carreira universitaria (con independencia do potencial económico da súa familia), afectou negativamente ao mercado de traballo e provocou a saturación nalgunhas titulacións, en detrimento doutras. Pero os culpables da situación final non foron as novas xerazóns. Nen quenes deron oportunidades aos que non tiñan posibilidades de estudar. As causas da crise foron outras ben distintas.


Pois ben, unha vez máis a culpa está na Lei de Educación, por iso imos retornando a modelos de tempos pasados. Con decretos derivados desta lei, existe unha peneira chamada “reválida”, que potencia aos mellores e deixa á súa sorte aos máis vulnerables. Por iso penso que a insumisión non vale de nada. Se non mudamos nas eleccións a este Governo para que o Parlamento derogue a lei, seguiremos levitando na idílica insumisión.


Algúns até pode ser que lembren a calidade da educación noutros tempos, nos que só era obrigatorio estudar até os 14 anos. Se non pasabas..., esperábante no mellor dos casos en formación profesional, ou nalgún taller te recollían de misericordia como aprendiz. Nesa sociedade, chea de diferenzas e inxustizas, campaban ás suas anchas os caciques. Naqueles tempos había un recendo a docilidade e incultura, e en moitos casos chegaban da escola convencidos de que naceran para iso. Eran tempos de sumisión.


Será por iso que non se chega a un pacto na educación? Cadaquen tenta moldear e conformar a sociedade ao seu pensamento e ante iso ninguén quere perder terreo; cada un tira para o seu carón. Creo que é tempo de lembrar as palabras de Cossio: “Todo me conduce a daros el mismo consejo. Anticipaos al porvenir. Formad superiormente al profesorado de vuestras escuelas. Gastad, gastad en los maestros”.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE