#Claves de la semana

Unha marcha percorrerá Santiago este domingo para reclamar o "dereito á autodeterminación"

Unha marcha convocada pola Plataforma Vía Galega percorrerá as rúas de Santiago de Compostela este domingo para reclamar o "dereito á autodeterminación".

|

Unha marcha convocada pola Plataforma Vía Galega percorrerá as rúas de Santiago de Compostela este domingo para reclamar o "dereito á autodeterminación".

Segundo trasladou a entidade convocante, que integra a máis de 65 asociacións culturais e sociais, a manifestación, cuxo lema será 'Galiza nación, un pobo con dereitos', buscará reclamar o dereito á autodeterminación e construír unha sociedade galega con "plena democracia, liberdade e igualdade".

A mobilización partirá ás 11,30 horas deste domingo da Alameda compostelá. Posteriormente, percorrerá as rúas da cidade até a Praza da Quintana, que acollerá un acto final conducido pola actriz Isabel Risco no que intervirá a portavoz da Plataforma Vía Galega, María Xosé Bravo. Ademais, o escritor Suso de Toro e a actriz Neves Rodríguez lerán manifesto.

Esta manifestación culminará a campaña levada a cabo durante os últimos meses pola plataforma en Galicia para divulgar "as características que conforman a nación galega". Deste xeito, búscase a asunción de que Galicia é "unha nación con vontade colectiva de existir" e estender a "conciencia nacional" mediante unha loita contra o "engano" de que a comunidade representa "un país subsidiado".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE