#Claves de la semana
TIRO CON ARCO

Miguel Alvariño bate o récord de España

Con este resultado queda exento das dúas primeiras eliminatorias e entrará directamente na rolda de dezaseisavos de final do xoves.


|

O arqueiro Miguel Alvariño García bateu este mércores o record de España nas eliminatorias da segunda proba da Copa do Mundo que se está disputando en Antalya (Turquía), ó obter 684 puntos, e tamén o conseguiu por equipos, con 1992 puntos. En Composto Feminino, a cántabra Andrea Marcos estableceu tamén unha nova plusmarca nacional con 691.

O deportista da Comarca de Ferrolterra deuse o luxo de quedar terceiro tralas tiradas de 72 frechas, só por detrás dos coreanos Kim e Oh, incluso por diante dos outros dous coreanos, Ku e Lee.


Con este resultado queda exento das dúas primeiras eliminatorias e entrará directamente na rolda de dezaseisavos de final do xoves.


A mellor española de Recurvo foi Alicia Marín, con 637 puntos, que sumados ós 684 de Miguel, clasificaron a España coa 9º mellor marca en recurvo mixto, e por tanto enfrontaronse a Alemaña (8º) en oitavos de final, equipo contra o que perderon 2-6.


Miguel Ángel Pifarre foi 24º con 664 puntos, e Antonio Fernández 73º con 644, polo que España clasificou coa quinta marca na proba por equipos masculinos (1992), e enfrontarase ó 12º, o perigoso equipo de Xapón, o venres. O cuarto integrante español, Juan Ignacio Rodríguez, foi 85º con 640 puntos.


O arqueiro pontés amosabase moi satisfeito e sorprendido “máis que polo resultado, polas sensacións que tiven tirando e por poder colarme entre os coreanos”. Preguntado por como se sinte ó ostentar o Récord de España “É unha gran alegría, foi unha sorpresa facer 684 puntos, a anterior marca tiñaa Juan Ignacio Rodríguez con 682, e o meu mellor resultado estaba nos 679 puntos conseguidos nos calificatorios do equipo nacional”. De cara ás roldas eliminatorias “gustaríame quedar entre os seis primeiros, para sumar moitos puntos, e intentar meterme entre os nove mellores que son os que se clasifican para a última proba, a quinta, en México”. Sobre a posibilidade de medalla por equipos confesa que “hai opcións, pero está moi difícil, pois unha cousa son as clasificatorias e outra as eliminatorias, e como xa amosou Alemaña en mixto, Xapón, que ten ó gran Furukawa (8º), entre outros, dará moita guerra”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE