#Claves de la semana
EMIGRACION

A Xunta expulsa de Galicia a 40 mozos e mozas cada día

“Grazas á reforma laboral do PP,  hai aprendices de 33 anos cobrando un salario indecente de menos de 500 euros”, afirmou.



|

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, criticou hoxe que o “fracaso da política de xuventude” da conselleira de Traballo e Benestar está a provocar a expulsión de 40 mozos e mozas de Galicia cada día, da orde de 13.000 ao ano. Gallego presentou unha Interpelación no Pleno do Parlamento sobre a ausencia dunha política de xuventude real do goberno galego.


A deputada socialista dixo que o empeoramento da situación dos mozos e mozas, abandonados polo goberno galego, está a provocar un éxodo masivo de rapaces que se enfrontan ao paro sen prestacións ou a postos de traballo en precario. “Grazas á reforma laboral do PP –explicou- hai aprendices de 33 anos cobrando un salario indecente de menos de 500 euros”.


Os datos revelan que a situación en Galicia é “moito peor” que no conxunto do Estado, co que se ten disparado a taxa de paro entre 16 e 29 anos nun 60 por cento dende 2009, e a taxa de emprego diminuíu un 30 por cento. “Destrúese emprego, hai menos poboación ocupada e o pouco que medra faino menos que no conxunto do Estado”, concluíu.


O goberno galego ofrece medidas “espalladas e inconexas, carentes dunha política de xuventude transversal”, mentres reduce as bolsas de estudos nun 60 por cento e incrementan as taxas universitarias, e eliminan as axudas á contratación. Hoxe hai en Galicia mais mozos en paro que traballando, cando en 2009 a ocupación duplicaba ao desemprego xuvenil.


Dende a chegada de Feijóo, sinalou, eliminaron as axudas para a emancipación e á vivenda ao tempo que a pobreza aumentou nun 20 por cento. Carmen Gallego acusou á Xunta de “utilizar aos mozos e mozas para as campañas electorais e venderlles cousas que nunca cumpren, e incluso se atreveron a boicotear o voto por correo para mozos e mozas na emigración”.


Axudas clientelares


A deputada socialista acusou ao goberno galego de utilizar os escasos recursos que pon a disposición dos mozos e mozas para “financiar entidades xuvenís vencelladas ao PP”, ou adxudicar os campamentos de verán sempre ás mesmas empresas. Acusouna de amparar a contratación “a dedo” do número 2 deste partido polo concello de Teo para o programa Parlamento Xove, con contratos menores para sortear a súa saída a concurso público”.


Apuntou ao ex secretario xeral de Xuventude e actual cabeza de lista do PP en Boqueixón, Ovidio Rodeiro, que creou a Fundación Fesan para conseguir fondos de formación e de constituír unha trama de asociacións de técnicos de xuventude en concellos “amigos” para tramitar viaxes gratis financiados pola UE a “amigos e xente afín” aos que cobran 150 euros en negro por cabeza, para completar ducias de viaxes anuais integradas cada unha delas por 12 persoas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE