XXII Festa Gastronómica do Galo de Curral 2015 en Vila de Cruces (Pontevedra)
A cantante internacional María do Ceo, abrirá o atrainte programa musical da Festa Gastronómica do Galo de Curral -declarada de Interese Turístico Galego- o domingo 31 de maio.
O Sábado 30, para abrir boca “O Galo cantará nas tabernas” cruceñas.
Van 22 edicións da Festa Gastronómica do fachendoso "Galo de Curral" -declarada de Interese Turístico Galego- prevista para o domingo 31 de maio, sen descoidar o sábado 30, ámbos teñen un programa denso e atraínte cunha oferta tamén marcada por propostas musicais de relevancia internacional.
O Galo produto-estrela da gastronomía cruceña

De antigo os galos eran criados en liberdade e alimentados de xeito natural, a base de millo, trigo e berzas, o que orixinaba una carne de gran calidade e moi saborosa. Nesas variables de excelencia local repararon en 1992 os organizadores dunha iniciativa que sobrancea no calendario gastro-festivo galego.
Os artífices desta expansión fóra das fronteiras de Galicia, son os nove criadores da Cooperativa Vicogalo, con explotacións en distintos municipios da bisbarra do Deza, cuxa filosofía se resume nun concepto: a dignificación da vida no medio rural para frear a súa despoboación.
O “galo de Cruces”, como o denomina esta cooperativa, é de raza Mos, autóctona de Galicia, non modificada xeneticamente, e de crecemento lento. A máis antiga da Península, as súas orixes remóntanse á época prerromana.
A vida do "galo de curral" e curta, pero como a de todos os animais que se crían ao aire libre, ten calidade. Triste consolo -admítoo-, pero indispensable para satisfacer o esixente padal humano.
Hoxe gracias as accios entusiastas e firmes de persoas que sempre creeron neste producto como o seu Alcalde Xesús Otero, para min o milhor embaixador do Galo de Cruces, a súa carne logrou penetrar nos mercados de Rusia,Shangai, Arabia Saudí e Dubai e estar presente nas mesas dalgúns dos mellores restaurantes españois, como os de Albert Adriá (Barcelona) e Martín Berasatgui (Lasarte, Guipúscoa).

O 31 mayo domingo e o día grande o chef, Iván Domínguez, pregoará produto e celebración antes, antes de que cante María do Ceo, actúe o grupo Malvela e soen as Bandas de Ponte Ledesma, Teo e Merza nun festival que ten a idade da festa. Para que nada falte, asomará una concentración de coches antigos e poñerá o ramo a orquestra Panorama.
O concello de Vila de Cruces, no norte da provincia de Pontevedra, lindando coas terras coruñesas, é un dos seis que configuran a comarca natural do Deza, xunto cos de Lalín, Silleda, Agolada, Rodeiro e Dozón. Aparece ceñido polos tres principais ríos da comarca: o Ulla e os seus afluentes, Deza e Arnego, que o convirten nunha península na que asentan 28 parroquias.
Nesa particular mesopotamia cruceña o viaxeiro encontrará casas de turismo rural, o balneario “Os baños de Brea” (Merza), áreas recreativas en A Carixa (Merza) e Remesquide (Obra), as illas de San Ramón-río Ulla (Gres), ou o encoro (embalse) de Portodemouros. Sen esquecer o poboado mineiro de Fontao, o observatorio astronómico de Vila de Cruces, a igrexa románica de San Salvador ou a Casa Museo “A Solaina” (Piloño).
Na parroquia de Gres está a Fundación Xosé Neira Vilas, creada, impulsada e coidada por Xosé Neira Vilas, un nome senlleiro da literatura galega, autor dunha bibliografía na que destaca “Memorias dun neno labrego” e nacido nese lugar e nesa casa en 1928.
A Noite do sábado 30 “O Galo cantará nas tabernas”
Escribe tu comentario