A ventá de Democracia Ourensana

José Luis Fernández Díaz
Colaborador

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. 

Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.

Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras. 

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Pasaron xa moitos anos desde que tiven que estudar filosofía. Daquela non o considerei unha oportunidade, senón unha obriga máis que o sistema educativo nos impoñía. O primeiro contacto foi nefasto, pero grazas a un novo docente, a materia converteuse en algo fundamental para poder pensar, decidir e vivir en liberdade. Nesas clases de filosofía os minutos eran máis curtos que no pasado e discutiamos conceptos que en principio puideran parecer absurdos, pero que nos dotaban de instrumentos para poder dilucidar se unha porta era necesaria para entrar ou para sair dun cuarto. E como supoño que unha ventá suscita o mesmo debate, é por iso que quero falar das xanelas que temos nas nosas casas, polas que entra algo máis que luz natural.


Desde hai pouco tempo, o incremento das ventás nas casas foi notable. Estou a falar daqueles dispositivos polos que calquera (co noso permiso), pode acceder ao noso fogar. Ademáis da radio e da televisión, agora temos os teléfonos móviles, as tablets e os ordenadores portátiles que mediante a “wifi” chegan a convidar desde calquera recuncho deste mundo a un suposto amigo da familia. No tempo de ocio, calquera pode colarse no noso salón coas novas tecnoloxías que parecen invadirnos sen remedio. Con todo, existen ferramentas pequenas que non deixan de funcionar sen descanso. Estou a falar das televisións locais. Concretamente dunha delas, pertencente ao segundo partido máis votado no Concello de Ourense, Democracia Ourensana, que fixo que este grupo político local evitase non ser ninguén, ao ter esa ventá aberta en cada fogar dos ourensanos que queiran ollala. E queren. Por esa pequena xanela que moito nos fixo rir coas reportaxes do desaparecido Rafa Reporter (agora parece que xa non contan con el), entrou todo tipo de información na que moitos veciños acreditaron.


Os demáis partidos esqueceron moitas cousas e infravaloraron o potencial que ten a televisión local. Porque aos veciños de Ourense impórtalles pouco outras lerias que acontecen lonxe deles e queren ver os Plenos do Concello. Hoxe non debera ser difícil facilitar desde o Concello a emisión das sesións plenarias, so falta vontade para elo; e eles tiveron a “visión”.


O tempo dirá se a luz que lles entrou aos veciños pola ventá era para cegalos ou para iluminalos. O que sí teño claro é que a luz que se ve ao final do tunel do desorden, das traicións e das divisións non sempre é a da esperanza, senón a dun tren sen control que pode arrollarnos e deixarnos en peor estado que no primeiro. Haberá que esperar con paciencia.


Pero non podo rematar sen ter en conta o voto dos cidadáns. Aqueles que critican con insultos aos votantes doutras opcións políticas que non coinciden coa deles lémbranme ás pataletas dos nenos cando queren mercar un globo e non lle compramos. Do mesmo xeito habería que criticar aos cidadáns cando daban maiorías aplastantes a gobernos que mentían sen rubor. E daquela non lembro esas críticas. Os mesmos votantes decatáronse que non había outro xeito de mudar o panorama político que facendo que se entendan entre eles. E se iso ten que acontecer, as visitas aos xulgados estarán menos xustificadas que na actualidade. Daquela a algúns quedaríalles un programa electoral tan sucinto que podería sintetizarse en 5 puntos (coma os dedos dunha man). Pero iso é outra historia. Hoxe toca escoitar aos veciños que sofren e padecen desde hai anos, asuntos que teñen pouca solución. E a grandes males, grandes remedios!. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE