#Claves de la semana
MADRID

Besteiro ve a Feijóo "absolutamente desorientado" tras o "fracaso persoal" do 24M

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro , sinalou que logo das eleccións locais o PPdeG enfróntase ao "desastre absolutamente persoal" do seu líder, Alberto Núñez Feijóo,

 

|

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro , sinalou que logo das eleccións locais o PPdeG enfróntase ao "desastre absolutamente persoal" do seu líder, Alberto Núñez Feijóo, que "absolutamente desorientado" cre que se trata de "cambiar as caras" e o xeito de comunicar.


Na reunión da executiva federal en Madrid, apuntou á prensa que aos populares o que lles fallou, sen dúbida, son "as políticas de insensibilidade e irresponsabilidade", as que os conduciron a "un pozo de moito, moito fondo".

O 24-M "é un fracaso persoal" do presidente da Xunta, dixo, e recordou que apostou para dúas alcaldías por conselleiros do seu goberno, Elena Muñoz, que sufriu un trompazo en Vigo, e Jesús Vázquez, o único que pode optar a gobernar en minoría unha cidade, neste caso a de Ourense.

Neste escenario, hai unha "mentalidade de cambio" que está a protagonizar o PSOE, con Pedro Sánchez que xoga un "papel fundamental" á fronte dunha forza que "volve ser terra firme", cunha gran pata en Galicia, subscribiu, onde se creceu en porcentaxe de voto con respecto aos comicios de 2011, do mesmo xeito que ocorreu en Andalucía, Estremadura e Murcia.

Sobre aspectos máis concretos, consultado por se como espetou o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, o alcalde en funcións de Lugo, o socialista Xosé López Orozco, podería ir ao Senado para facilitar un pacto de esquerdas nesta cidade, ao que se opoñen o resto de organizacións se non se cambia ao candidato, negouno.

"Rueda está a demostrar estar moi mal informado", subliñou Gómez Besteiro, que atacou ao "tándem" formado por Feijóo e Rueda e ironizou con que "a roda non roda, xa non funciona, non é un equipo gañador", e aconsellou "non falar do resto e, sobre todo, con tan pouca información". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE