#Claves de la semana
VIGO

Caballero reivindica o poder de Vigo no futuro da Deputación de Pontevedra

Aposta claramente por Carmela Silva para presidir o ente provincial e di que o PP está “shokeado” e por iso fai “propostas disparatadas”, como a de Louzán, porque “non dixeriron a derrota”.


|

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, está exhultante polos resultados electorais. Uns resultados que o colocan como o rexedor dunha grande urbe con máis poder do PSOE, ao obter 17 concelleiros. Un poder e un respaldo cidadá que reivindica, agora, para situar ao fronte da Deputación de Pontevedra a súa número dous e estreita colaboradora, Carmela Silva.


"Eu considero moi importante cambiar a Deputación de Pontevedra. E confío en que se cambie, e eu confío en que Carmela Silva sexa a nova presidenta e que, con iso, se empece a pór en marcha no ente provincial unha forma de entender a política que será un gran avance para Vigo e para toda Pontevedra", dixo.


"En Vigo estamos nun proxecto e proceso de transformación da cidade, e de identificación da cidade, moi importante, e a cidade quixo dicilo. Eu sei que nos votaron xentes de todos os partidos, claro non só houbo un voto PSOE. Isto foi unha votación masiva de moita xente, do PP, do BNG, de Podemos, de EU, que nos votaron moitísimo, e eu fago unha lectura deses votos en termos de proxecto-cidade", engadiu.


Nunha entrevista na Cadena Ser, Caballero destacou que, tras o 24M, comeza un novo tempo para Vigo, Pontevedra e Galicia e recoñeceu o cambio de actitude do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, que o telefoneou para felicitalo pola súa vitoria. “Espero que este cambio de atitude se traduza en compromisos concretos con Vigo e, desta maneira, Vigo cumprirá o seu papel como motor económico de Galicia”, salientou.


"A cidade tomou unha decisión e falou clarísimo e eu confío en que desde a Xunta de Galicia fagan a lectura. Eu voulle a enviar unha carta a Núñez Feijóo cando tome posesión, e como parece que se vai a celebrar a entrevista despois de cinco anos, confío en que se desbloqueen moitas cuestións moi importantes para Vigo. A min o que me importa é a cidade, o pasado non me importa nada", dixo.


Caballero tamén se referiu ás propostas dalgúns dirixentes do PP, como a do aínda presidente do ente provincial, Rafael Louzán, que tanteou ao BNG para que pactara co PPdeG e deixara fóra ao PSdeG. Unhas prospotas estas, ao igual que as que ten feito Esperanza Aguirre en Madrid, que Caballero considera “disparatadas”.


Pero a alguén lle importa o que di Louzán?", preguntou Caballero, e engadiu: "Mire, ás veces na política, e esta si que é unha reflexión xeral, cando algúns perden quedan tan 'shockeados' que non son conscientes da derrota, que non son conscientes do que acaba de pasar".


Tamén criticou as candidaturas de unidade popular denominadas Mareas, e dixo que están formadas por persoas que xa se presentaron noutras ocasións ás eleccións e que "xa perderon".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE