#Claves de la semana
SANTIGO DE COMPOSTELA

Martiño Noriega aposta por unha "posible e necesaria" marea galega común

O previsible futuro alcalde de Santiago apunta que non quere escudarse na herdanza recibida, pero advirte que implementar as súas propias dinámicas en Raxoi "levará o seu tempo"


|

O futuro alcalde de Santiago e coportavoz nacional de Anova, Martiño Noriega, considerou este luns que a confluencia da esquerda na conformación dunha marea galega é "posible e necesaria".


Nunha entrevista concedida á Radio Galega, o futuro alcalde da capital de Galicia sumouse así á iniciativa impulsada por Yolanda Díaz (EU) e Xosé Manuel Beiras (Anova) de confluír nunha marea galega.

No entanto, Noriega admitiu que será un proceso de "complexidade" maior que a conformación das mareas locais; aínda así insistiu en que é necesario e beneficiará á cidadanía.

Sobre o seu futuro a cargo do Concello compostelán, advertiu de que a cidadanía "espera moito" de Compostela Aberta, e sinalou que a pesar de non querer escudarse na herdanza recibida, detectou que implementar as súas propias dinámicas en Raxoi "levará o seu tempo".

Neste sentido, o líder da lista máis votada mostrou a súa intención de empezar no "quilómetro cero" na cidade, e non estar "co retrovisor posto" para non "parapetarse" en como se fixeron as cousas antes e logo "non facer nada".

"Canto máis difíciles son as situacións, mellor funciono", sinalou ante o novo reto que supón asumir a Alcaldía da capital galega.

Sobre a forma de gobernabilidade que se establecerá na cidade, Noriega apuntou que "non pódese pechar ningunha porta" para iso, pero insistiu en que é algo que non depende exclusivamente de Compostela Aberta, posto que igual "outras forzas" como o BNG e o PSOE "prefiren non integrarse" no Goberno.

Respecto ao traspaso de poderes, Noriega valorou a actitude do alcalde en funcións Agustín Hernández (PP) que manifestou a súa intención de que este traspaso sexa de forma transparente, "parece que está nunha actitude colaborativa", algo que agradeceu, posto que en cidades como A Coruña, sabe que non está a ser de igual forma.

En canto aos próximos catro anos, asegurou que a candidatura parte dun "programa de mínimos" no que operar "con garantías", xa que van render contas "aos que nos apoiaron e aos que non".

Esta rendición de contas comezará coa fixación dun salario máximo de 36.000 euros netos, fronte aos 70.000 que cobraba o rexedor actual, apostilou. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE