POIO (PONTEVEDRA)

Defensa da Ría de Pontevedra afirma que nas últimas eleccións gañou o "Non a Celulosas"

|

"Somos maioría social os que estamos en contra da presenza de Ence na ría", proclamou o presidente da Asociación pola Defensa dá Ría de Pontevedra (APDR), Antón Masa.


Apelando aos resultados electorais a APDR considera que "na bisbarra votouse maioritariamente a forzas que pedían sacar a ENCE e a Elnosa dá ría", polo que o presidente do colectivo ambiental, Antón Masa, instou á empresa pastera a "pechar a fábrica e irse".


Nunha singular rolda de prensa no porto de Combarro e a bordo do barco que foi descualificado o pasado mes de febreiro dunha regata na ría de Pontevedra por competir co lema "No Celulosas" imprimido na súa vela, os voceiros da APDR presentaron a próxima Marcha contra Celulosas, que se celebrará o próximo 20 de xuño, con saída simultánea ás 19,30 horas dende as Alamedas de Pontevedra e de Marín.


A Marcha estará dedicada a que fose presidente da Asociación de Veciños de San Xulián, Xan Montenegro, no cuarto aniversario do seu falecemento.


IATE DE AMANCIO ORTEGA

Como anécdora, tras a presentación da Marcha, membros da APDR e da tripulación do veleiro sucaron a ría dende o porto de Combarro e, nas proximidades da ría de Tambo, coincidiron co iate Valoria, cuxo propietario é o empresario e fundador do emporio Inditex, Amancio Ortega.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress