#Claves de la semana
NA ZONA ONDE A BUSCABAN EN OURENSE

A familia de Socorro enterrou o domingo o corpo atopado, na zona do seminario

A familia da desaparecida de Ourense Socorro P.R. enterrou o domingo, ás 18,30 horas, o corpo achado este sábado na zona onde se despregara o dispositivo de busca.


|

2015060722553131610.jpg

O ataúde cos restos mortales de Socorro Pérez chega o  cimenterio


A familia da desaparecida de Ourense Socorro P.R. enterrou o domingo pola tarde, ás 18,30 horas, o corpo achado este sábado na zona onde se despregara o dispositivo de busca para localizala.


En concreto, o corpo será enterrado no cemiterio ourensano de San Francisco, no panteón familiar, segundo precisou a Europa Press o voceiro da familia, Jesús María, primo da muller.


Para proceder ao enterro dos restos, aos que se lles practicou a autopsia na mañá deste domingo, a familia espera a autorización do Xulgado de Garda.


O funeral por Socorro P.R. terá lugar este martes 9 de xuño, ás 20,00 horas, na igrexa de Nuestra Señora de Fátima, no barrio ourensano de O Couto.


Así mesmo, esta semana, segundo precisou o voceiro da familia, enviaranse probas de ADN a Madrid para "garantir ao 100 por cento" que os restos achados este sábado pertencen a Socorro P.R.


Con todo, o voceiro da familia xa manifestara este sábado a súa crenza "ao 90 por cento" de que o cadáver atopado na zona do seminario se corresponde co da súa prima Socorro. De igual modo, considera que se trata dunha "desaparición forzosa e morte violenta".


AUTOPSIA


Os resultados da autopsia, practicada na mañá deste domingo, confirmarán as causas da morte, que poderían non ser naturais.


E é que fontes próximas á investigación explicaron que a forma na que apareceu o cadáver "non é normal", é dicir, non se pecha ningunha das hipóteses que se barallan, incluída a de que haxa terceiras persoas implicadas nos feitos.


A zona na que atoparon o corpo non é un lugar de paso "normal" e o cadáver apareceu tapado por "maleza", aínda que agora a investigación ten que determinar se iso se debeu a unha situación 'natural' ou interveu algunha persoa. Con todo, as fontes recoñecen que asituación é "preocupante" ante as evidencias que apareceron.


A investigación permanece aberta dende a denuncia dos pais, o 5 de maio e no marco dela tomou declaración a distintas persoas para seguir as pescudas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE