#Claves de la semana
NO MEDIO DO VETO DE FORZAS DE ESQUERDA Á REELECCIÓN DO ALCALDE

Besteiro e Orozco reúnense para abordar o futuro do alcalde

Orozco dixo "home, claro!" cando lle preguntaron se seguía sendo o candidato socialista


|

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e o alcalde en funcións de Lugo, Xosé López Orozco, mantiveron unha reunión que se prolongou máis de catro horas no Concello na que se estivo abordando o futuro do aínda rexedor. Ao comezo desta cita, cobraba forza a hipótese de que Orozco podería renunciar a ser o candidato do seu partido na sesión de investidura para facilitar, deste xeito, a posta en marcha dun goberno progresista. Con todo, tanto Besteiro como Orozco marcháronse sen facer declaracións. E o segundo só dixo un elocuente "home, claro!" cando xa baixaba polas escaleiras en resposta á pregunta de se segue sendo o candidato socialista.


Precisamente, esta mesma mañá, o cabeza de lista de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, reiterou que este mércores é o último día do prazo que esta formación política se deu para recibir unha resposta por parte do PSdeG en relación coa súa proposta para formar goberno no Concello de Lugo, unha proposición que pasa inevitablemente por investir a un candidato socialista que non sexa o actual alcalde en funcións, Xosé López Orozco.

Fernández Rocha insistiu en que Lugonovo apoiará a investidura dun alcalde socialista, sempre que esa pesona non sexa López Orozco, non só pola súa imputación na operación Pokemon, senón tamén polas responsabilidades políticas que se derivan do que esa investigación xudicial puxo ao descuberto.

Se non se produce esa renuncia, Lugonovo falará coas "demais forzas" de esquerda e explorará a posibilidade de apoiar a "un candidato alternativo". De non ser así, "gobernará Jaime Castiñeira", dixo Fernández Rocha, dado que o candidato popular encabezou a lista máis votada e con máis concelleiras. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE