#Claves de la semana
PONTEVEDRA

APDR 'viste' as estatuas da cidade con máscaras para protestar contra ENCE

A Asociación Pola Defensa da Ría realizou este mércores unha acción simbólica de denuncia contra a permanencia de ENCE e Elnosa na Ría.

 

|

11200773_910621262333060_2733717264850308171_n.jpg11219454_910621342333052_4772271761612242897_n.jpg

11391553_910621552333031_4999098194040925743_n.jpg

11536052_910621648999688_739247700642218563_n.jpg


A Asociación Pola Defensa da Ría realizou este mércores unhaacción simbólica de denuncia contra a permanencia de ENCE e Elnosa na Ría.


O obxectivo desta acción, que consistiu na colocación de máscaras nas principais estatuas da cidade do Lérez, é mostrar a "situación de altos niveis de contaminación producidos pola pasteira e a fábrica de cloro".


Aseguran que ambas empresas son os dous principais puntos de contaminación da ría "polas súas emisións de mercurio e derivados de xofre á atmosfera e de materia orgánica, mercurio, coliformes e outros contaminantes", substancias que consideran perigosas para o medio ambiente, os recursos marisqueiros e a saúde.


Ademais, con esta ‘performance’ pretenden animar aos pontevedreses a que participen na marcha que partirá o sábado 20 de xuño, ás 19.30 horas, desde as alamedas de Marín e Pontevedra.

 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE