#Claves de la semana
PONTEVEDRA 4,5 E 6 DE DECEMBRO 2015

Culturgal 2015 abre convocatorias para reserva de stands e presentación de propostas

Culturgal celébrase os días 4, 5, e 6 de decembro de 2015 no Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

|

Culturgal celébrase os días 4, 5, e 6 de decembro de 2015 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nas datas habituais e no mesmo espazo no que ao redor de 15.000 persoas danse cita anualmente na Feira das Industrias Culturais.


A partir do martes 16 de xuño xa é posible reservar espazo e presentar propostas para o programa oficial da Feira. Este ano con novedades, xa que a organización da Feira facilita a escolla de stand sobre plano e anuncia que irá confeccionando o programa de actividades a medida que se reciban e escollan propostas.


Unha oitava edición do Culturgal para facer da cidade de Pontevedra un lugar de referencia para todas as persoas que fan parte diaria da actividade cultural en Galicia e grazas ás que a Feira reborda de contidos, entusiasmo e orgullo colectivo.


PALABRA E COMUNICACIÓN

Unha novedosa distribución espacial dos espazos e stands no recinto como a reformulación da circulación do público incidirán nese obxectivo: mellorar a experiencia de públicos e creadores coa palabra en todo o recinto.


A palabra, como marca do Culturgal 2015, será protagonista en todas as súas expresións: escrita, falada, declamada, cantada, a palabra nos libros, na música, no cine, palabra para o debate, na internet, na formación, etc.


Se en 2013 os organizadores apelaban á corresponsabilidade, no 2014 falaban de construirmos xuntos a feira, neste 2015 teñen a impresión de ter conseguido, coa complicidade de todos, un modelo de xestión sostible e de futuro.


A participación económica estable e compensada nun 60 % de achegas públicas, cos patrocinios principais de Xunta de Galicia e concello de Pontevedra, e un 40% de achegas privadas, fan que o maior escaparate para a cultura galega teña un futuro compartido colectivamente.

Última hora

1 Comentarios

1

Gracias, Enrique. No tengo muchas ganas de ser el padre rblnopsaese de la criatura. Pero sed de darle me1s hermanos.Gracias, Viajero, sed, es grato, es como un diploma. El de escritor. Ya se sabe, esa enfermedad de nuestros dedas, la titulitis. Y en cuanto a lo que dices sed que me gustareda un libro con las recetas de los mejores, o los peores, escritores.Sirena, ya sabes,los editores no mienten nunca. Pero yo, sed, o poco o mucho. Gracias.Manuespada, sed que este1 siendo largo. El parto. Un saludo.

escrito por Farizki 26/jul/15    21:54

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE