#Claves de la semana
ALUGUER NO VERAN

Sete localidades galegas, destinos de aluguer en primeira liña de praia

Atopanse nas praias da Coruña (Esteiro, Portosín, Boiro, Muros, Riberia) e Lugo (Burela e O Vicedo)


|

Praia de Portosín (A Coruña)


Sete localidades galegas atópanse entre os destinos máis alcanzables de aluguer no verán en primeira liña de praia, segundo un informe elaborado por Tecnicasa. Son Esteiro, Portosín, Boiro, Muros e Riveira (na Coruña) e Burela e O Vicedo (en Lugo). De acordo con esta análise, o prezo medio do aluguer en primeira liña de praia sobe un 7% este verán, ata 595 euros, fronte aos 552 de 2014.


O lugar máis caro para veranear é a Praia de’n Bossa, en Eivissa, onde un apartamento de 70 metros cadrados ascende aos 1.680 euros por semana, mentres que o máis barato localízase en Lugo, onde se pode alugar un apartamento de 60 metros cadrados sen superar os 200 euros por semana.


Se se cruzan estas tarifas coa renda media neta mensual por fogar en España (2.179 euros), unha familia española necesitará o 27% do seu soldo dun mes -fronte á porcentaxe do 25% en 2014- para pagar unha semana de vacacións na costa.


En comunidades como Estremadura (37%), Murcia (34%), Canarias (33%) e Andalucía (335) as familias deberán facer un esforzo maio, mentres que noutras como País Vasco e Navarra destinarían entre un 21% e un 22% do seu soldo mensual ao aluguer dunha semana de vacacións na costa.


No entanto, a oferta de alugueres nas localidades costeiras é “moi heteroxénea” e por tanto, os prezos das vivendas vacacionais varían en función de aspectos como a tipoloxía, a superficie, as dotacións das urbanizacións ou detalles como a inclusión ou non de praza de garaxe.


A pesar diso, segundo as vivendas taxadas pola entidade existe unha tendencia á alza nos prezos do aluguer semanal en primeira liña de praia. “Os prezos nos alugueres vacacionais están a empezar a subir, con subidas moderadas cambiando radicalmente a tendencia que viñemos experimentando nos últimos anos”, afirmou o director técnico de TecniTasa, Fernando García Marcos.


BARCELONA, ALACANTE E ALMERÍA, OS MAIORES INCREMENTOS


Por provincias, Barcelona, Alacante e Almería son as que mostran os maiores incrementos. En Torrevieja (Alacante) o prezo de aluguer semanal máis económico sobe un 23% con respecto ao verán pasado e en Almería a subida roza o 30% en primeira liña de praia.


Castelló é con todo a provincia que mostra o maior descenso xeral nos prezos da súa costa. En praias como Alocebre, Oropesa ou Moncófar baixan os prezos de rendas vacacionais máis dun 20%. Como exemplo, nesta última localidade un apartamento de 60 metros cadrados en primeira liña pasa de custar 400 euros á semana a 300 euros.


Tamén se detectan descensos en zonas de praia tradicionalmente caras para veranear como Hondarribia en Guipúzcoa ou o Sardinero en Santander, que rexistrou o ano pasado o aluguer vacacional máis elevado. Nesta zona o coste do aluguer semanal en primeira liña de praia por metro cadrado é de 11,20 euros, fronte aos 13,15 euros do verán de 2014.


Por localidades, os destinos máis alcanzables atópanse nas praias da Coruña (Esteiro, Portosín, Boiro, Muros, Riveira), Lugo (Burela e O Vicedo), As Palmas (Praia das Canteras) e Valencia (Oliva), onde se poida alugar un apartamento de entre 40 e 90 metros cadrados sen superar os 290 euros por semana.


Por encima da media, o máis caro ademais de Eivissa (E’n Bossa en San Josep Sa Talaia por 1.680 euros por semana) figuran Cala Martina en Santa Eulalia Riu (1.629 euros por semana), Sant Antoni (1.524 euros por semana), Sotogrande en Cádiz (1.500 euros por semana) e Hondarribia (1.325 euros por semana).

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE