#Claves de la semana
SANTIAGO DE COMPOSTELA

A secretaria de Organización do PSdeG pide a Feijóo que se centre e actúe como presidente

Pediu este mércores ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “se centre” en Galicia e exerza o cargo para o que foi elixido pola “maioría dos galegos”.

 

|


A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, pediu este mércores ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que, unha vez que lle deron “nos morros” en Madrid, “se centre” en Galicia e exerza o cargo para o que foi elixido pola “maioría dos galegos”. En declaracións aos medios, a socialista ironizou coa “enorme alegría” que lle produce que Feijóo quede en Galicia, pois “parece ser” que a comunidade “por fin vai ter un presidente”. “Parece ser que está de volta tras unha tempada afastado das súas responsabilidades, agora vaise dedicar ao seu labor”, remarcou.


Tras esta manifestación de “alegría”, requiriu “responsabilidade” a Feijóo no exercicio do seu cargo, pois tras “todos estes anos perdidos”, Galicia “non ten un solo indicador socioeconómico positivo”.


Pedímoslle que o resto da lexislatura se centre, salvo que isto sexa só unha paradinha e ao final abandone o barco antes de que remate a lexislatura”, incidiu a número dous do PSdeG dende o convencemento de que a acción de goberno de Feijóo ata agora non tivo “contido abondo”.


Pola súa banda, asegurou que os socialistas manterán o seu labor de oposición “leal e construtiva”. “Agora é o que nos toca; despois, xa veremos”, finalizou.


MARCHA DE BESTEIRO


Preguntada polos xornalistas sobre as críticas do PP á marcha ao Senado do seu xefe de filas, José Ramón Gómez Besteiro, Cancela contrapuxo que “uns queren marchar e non poden porque lles din que non e outros si poden facelo”.

A liña seguido, xustificou que foi o propio Besteiro o que decidiu quedar unicamente dúas lexislaturas á fronte da Deputación de Lugo, de modo que agora “axudará a que os intereses de Galicia sexan escoitados” na Cámara alta dende o cargo de senador por designación autonómica.


“Parécenos que é unha oportunidade”, defendeu, convencida de que Galicia non vai ter “mellor representante” que Besteiro para un órgano territorial como é o Senado.


Dito isto, advertiu ao PP de que “deostar” as institucións “é unha lixeireza”. “É verdade que é necesaria unha reforma do Senado para que asuma novas competencias e sexa moito máis efectivo, pero nós respectamos a cámara tal e como está”, sentenciou.


“TEMOS BANCO”


Finalmente, cuestionada sobre as propostas que fará o seu partido para o Consello de Contas e o Valedor do Pobo, se limitou a dicir que hai “banco”. “E non temos demasiadas pelexas, como outros neste momento na súa casa”, criticou, sen citalo, ao PP.


Ao fío diso, aludindo implicitamente ás críticas de AGE e BNG polo “pacto PP-PSOE” para renovar as institucións, recordou que Besteiro xa lle transmitiu a Feijóo nas entrevistas que ambos os dous mantiveron que era necesario ocupar os postos que estaban “caducados ou baleiros”.


É por iso que, proseguiu, agora que o PP se abriu a facelo, o PSdeG “non vai bloquear o funcionamento normal das institucións”. “Se non llo ofrece a outras forzas, é responsabilidade do PP e de Feijóo”, resolveu, antes de desvincular este acordo dos “pactos políticos para formar gobernos”.


Acerca da falta de consenso para renovar o consello de administración da CRTVG, Cancela recordou que é necesario desenvolver primeiro o programa marco da compañía.“Xa instamos ao PP a que se faga o antes posible se non queremos ter unha televisión monopolizada polo partido do goberno e que esconde a todos os partidos da oposición”, concluíu.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE