#Claves de la semana
CONSELLO DA XUNTA

A Xunta acorda medidas cos bancos para evitar os desaloxos por falta de pagamento

“o obxectivo é dar as máximas facilidades de acceso a unha casa ás familias galegas en función das súas circunstancias”.


|

A Xunta asinará nos próximos días un convenio con distintas entidades financeiras para que, en determinadas circunstancias, as familias con orde de desaloxo por falta de pagamento da hipoteca poidan permanecer entre 1 e 3 anos nesa mesma vivenda e cun aluguer social de ata 75 euros.


As familias que se poderán beneficiar deste convenio, que varias entidades xa se comprometeron a subscribir coa Xunta, deberán ter unha renda inferior anual a catro veces o IPREM; uns 30.000 euros en total e tamén se terán en conta as cargas familiares.

A segunda medida deste convenio está destinada ás familias con orde de desaloxo pola falta de pagamento do aluguer.

Neste caso, informou o presidente da Xunta, Alberto Núñez, tras a reunión semanal do Goberno galego, as entidades bancarias porán a disposición da Xunta unha parte do seu parque de vivendas baleiras para aloxar nelas estas familias por un aluguer social de ata 125 euros.


"Con estas medidas quedaría pechado o risco de que unha familia poida quedar na rúa por causas sobrevidas", sinalou Núñez Feijóo, que avanzou que intentará asinar o acordo coas entidades "o máis pronto posible" e dixo que "xa son unhas cantas" as que se comprometeron a facelo.

Trátase dun novo procedemento, máis claro e concreto, para axudar as familias con problemas pola falta de pagamento das hipotecas ou os alugueres, insistiu o titular da Xunta, que destacou outras medidas que o seu Executivo xa puxo en marcha nos últimos anos para loitar contra os desafiuzamentos.


Segundo sinalou, “o obxectivo é dar as máximas facilidades de acceso a unha casa ás familias galegas en función das súas circunstancias”.


Segundo Núñez Feijóo, as medidas establecidas pola Xunta desde 2012 nos programas Reacolle e Reconduce, en 2013, axudaron a 300 familias e fixeron que Galicia estea "na franxa baixa" das Comunidades Autónomas en número de desafiuzamentos.


Galicia, unha das comunidades con menor número de desaloxos por impagamentos


Como lembrou Feijóo, desde o inicio desta lexislatura, o Goberno galego está a poñer en marcha distintas medidas para dar resposta ás situacións de maior vulnerabilidade no que ao acceso á vivenda se refire, con especial atención aos desaloxados por impagamento de hipotecas e por impagamento de alugueiro da renda mensual.


Tamén destacou a creación de catro oficinas máis de información, ademais da central de Santiago, e do inicio de trámites para crear un rexistro de vivendas baleiras, que obrigará a todas as entidades bancarias, para axudará á planificación social.

Ademais, na súa reunión de este xoves, o Goberno galego deu o visto e prace á medida anunciada esta semana para rebaixar os impostos que gravan a compravenda e transmisión de vivenda -o imposto de transmisións patrimoniais, o de actos xurídicos documentados, o de sucesións e o de doazóns- un 15 por cento, mediante a redución do valor medio dos inmobles.

"Desde 2012 a rebaixa do valor de bens inmobles é do 50 por cento", explicou Núñez Feijóo.

O titular da Xunta defendeu que a política fiscal da Xunta desde a súa chegada en 2009 apostou pola rebaixa selectiva de impostos, aínda que recoñeceu que a situación económica non lle permitiu facelo coa intensidade que lle tivese gustado.

A nova rebaixa terá efecto a partir do 1 de xullo deste ano.

O Goberno galego deu este xoves tamén o visto e prace definitivo á decisión xa adoptada no Consello Galego de Universidades para conxelar as taxas universitarias, tanto de matrícula como de graos e cursos máster da que se beneficiarán uns 64.000 estudantes e que suporá un aforro duns 20 millóns de euros para as familias galegas.

"Galicia é a comunidade autónoma coas taxas máis reducidas un ano máis", indicou Núñez Feijóo, que destacou que desde o curso 2009 as taxas universitarias están conxeladas en Galicia.

Indicou que o prezo medio das primeiras matrículas nos graos, que supoñen o 84 por cento do total, é en Galicia inferior a 12 euros, mentres que en Cataluña, supera os 33 euros.

Nos máster, a media de Galicia é de 26,4 euros fronte aos 65,8 de Cataluña, insistiu. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE