#Claves de la semana
PONTEVEDRA

Louzán inicia a súa despedida da Deputación "en diferido"

A constitución da corporación provincial  de Pontevedra, será a mediados de xullo, segundo as estimacións do presidente, en funcions, Rafael Louzán,

 

|

A constitución da corporación provincial será a mediados de xullo, segundo as estimacións do presidente da Deputación, Rafael Louzán, durante este mediodía antes do pleno extraordinario no que se aprobou o convenio de colaboración entre o concello de Vigo e a institución provincial para a realización das obras de remodelación do estadio municipal de Balaídos.


Durante o pleno enfrontouse co voceiro do BNG, César Mosquera, despois de que o nacionalista lle reprochase que "era moi rápido para firmar cheques" ironizando sobre o bo médico de receitas que sería tendo en conta a velocidade coa que despacha os talonarios. Mosquera reprochaba que o Partido Popular deixa todo o diñeiro dos plans da Deputación repartidos. Pola súa banda, Rafael Louzán contestaba que "o normal sería que non houbera recursos" e, non obstante, a institución provincial presentaba unhas contas que permitían repartir o diñeiro entre concellos tanto do PSOE coma do BNG, ademais dos do PP.


Este debate mostra o arrefriamento das relacións co BNG, despois de que o presidente provincial do Partido Popular fixese chamamentos aos nacionalistas para buscar un pacto que permitise que os populares continuasen á fronte da Deputación. "Cambio de goberno? Se decidirá se hai cambio ou non. Cando exista un acordo de goberno deben ser outras persoas e non eu quen aclare se hai acordo de goberno. Se non, hai un partido maioritario que é o Partido Popular", afirmou con resignación Rafael Louzán ao ser preguntado pola posible chegada dos socialistas ao poder no organismo provincial co apoio do BNG. E a continuación, o presidente provincial deixou entrever que se estaba a estudar que os integrantes do Partido Popular elixidos polo partido xudicial do Salnés serían Luis Aragunde e Salomé Peña. "Escoitaremos a todos os candidatos dos sete partidos xudiciais e de aí sairán os doce deputados e o equipo de goberno ou a oposición na Deputación", sinalou Louzán, que en ningún momento fixo referencia ao seu futuro como deputado.


O próximo venres 26 de xuño celebrarase o pleno ordinario deste mes, que se non sucede algún imprevisto será a última sesión con contido que presida Rafael Louzán.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE