#Claves de la semana
ALEGACIÓNS AO DITAME DE COSTAS

Centos de persoas piden en Pontevedra o peche de Ence e Elnosa

Na manifestación participaron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, integrantes das mareas e o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence


|


Centos de persoas, convocadas pola Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), pediron este sábado ante a fábrica de Ence o peche destas instalacións e das da electroquímica Elnosa.


Os participantes, entre os que se atopaba o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, integrantes das mareas e o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, partiron simultaneamente das alamedas de Marín e Pontevedra para opoñerse á ampliación da concesión á pasteira.

A APDR presentou alegacións ao ditame de Costas sobre a caducidade da concesión a Ence, que achandaba o camiño á súa permanencia na ría de Pontevedra.

Sobre esta cuestión, o presidente da APRD, Antón Masa, cualificou de "falta de respecto" o informe da administración, argumentando que non recolle as alegacións do colectivo ambiental.

Entre estas reclamacións, Antón Masa apunta a que un dos motivos de cancelación da concesión é que "Ence non pode superar en 10 partes por millón a demanda biolóxica de osíxeno", un valor que "dende que Ence chegou a Pontevedra se segue superando", afirmou Masa.

"Seguiremos mobilizándonos ata que Ence e Elnosa marchen da ría", reiterou Antón Masa, que acusou á pastera de "principal foco de contaminación da ría de Pontevedra", da que reclamou a súa "vocación natural", enfocada á explotación sostible dos recursos naturais, pesqueiros, forestal, marisqueros e turísticos.
RECLAMOS TURÍSTICOS

No manifesto lido ás portas de Ence, a APDR recordou que a factoría se construíu sobre o que era a Praia de Os Praceres, á que se referiu como "unha das xoias da ría, usurpada antes polo franquismo cruel e agora polo capitalismo irresponsable". O colectivo ecoloxista reivindicou a recuperación deste areal, apreciado antano por ser un dos "máis ricos" bancos marisqueros da zona, ademais dun dos "mellores reclamos turísticos".

"Non é loucura, non é ilusión, non é utopía", proclamou a Asociación, que se marcou como obxectivo a marcha da fábrica pastera e a restauración da marisma.

Dende a APDR rexeitaron o "paraíso" ofrecido por Ence a cambio da súa permanencia na ría de Pontevedra máis alá de 2018, en alusión aos proxectos da dirección da empresa vinculados á inversión económica, o emprego e a redución dos olores.

Para a APDR, en cambio, "xa é demasiado tarde e ninguén na bisbarra cre as mentiras e promesas dos directivos". Así, o colectivo ambiental apelou á colaboración da cidadanía para "rematar coa contaminación da ría" e apostar polo seu "saneamento", ademais de "frear o avance dos monocultivos de eucalipto, as fumigacións tóxicas e a miseria forestal que alimenta os incendios".

A APDR concluíu o manifesto criticando as "trampas" de Ence e Elnosa para "permanecer en Lourizán", polo que os promotores da Marcha aspiran a "impedir prórrogas e artimañas que lles permitan seguir indefinidamente danando o medio e a economía" 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE