#Claves de la semana
NO CONSELLO DE DEREITOS HUMANOS

A Mesa pola Normalización denuncia ante a ONU discriminación a falantes de galego

Fixo unha chamamento ás autoridades de España para o cesamento inmediato desta situación


|

Marcos Manteiga, de pé á esquerda no Consello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou este xoves ante as Nacións Unidas discriminación a falantes de galego e reclamou que se respecten os seus dereitos.


No marco do 29º exame periódico universal do Consello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas celebrado en Xenebra, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, criticou -xunto a outras entidades do Estado que forman parte de ELEN- unha discriminación ás linguas oficiais distintas do español, ao tempo que fixo unha chamamento ás autoridades de España para o cesamento inmediato desta situación.

Así, Maceira alertou de "casos moi graves, que vulneran calquera principio democrático e de respecto pola dignidade dos pobos e as persoas que os compoñen, que teñen lingua propia e a quen non se lles permite exercer dereitos cidadáns e humanos fundamentais se o fan na súa lingua".

A xeito de exemplo expuxo un caso en Vigo que se xulgará o 21 de xullo, tras ser admitida a trámite a denuncia dun paciente a quen se atrasou case dous anos unha operación tras requirir asinar a correspondente autorización en galego. Segundo expón, o impreso non lle foi facilitado ata seis meses despois "co conseguinte agravamento do seu estado de saúde".

"Casos como este ou persoas ás que se rexeita en entrevistas de traballo o dereito fundamental de expresarse na súa lingua, ou desatención, insultos e ameazas por parte dos Corpos de Seguridade do Estado deben ser coñecidos pola comunidade internacional porque quen despreza a lingua dun pobo está a desprezar un pobo, e eses é racismo", denunciou Maceira. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE