#Claves de la semana
ATA 229.062

Baixa o paro rexistrado en Galicia en xuño

O descenso é dun 3,34% con 7.919 persoas menos nas listas de desemprego. Aumentan máis dun 25% os contratos temporais.


|

5594ddce7320150415patxottrabajadorparoempleo187

O paro rexistrado reduciuse en Galicia no mes de xuño en 7.919 persoas, un 3,34%, máis que na media do Estado, que foi dun 2,25%.



Segundo datos do Ministerio de Emprego, a cifra de parados situouse no pasado mes en 229.062 traballadores, e baixou nas catro provincias galegas. Pontevedra, cun 3,72% lidera a baixada do paro en Galicia, fronte a Lugo que tivo un 2,25%. Os 229.062 parados rexistrados en Galicia son 105.211 homes e 123.851 mulleres, dos que, en conxunto, 11.477 con menores de 25 anos.


paro rexistrado baixou nas catro provincias galegas, máis en Pontevedra e menos en Lugo, como se recolle no seguinte cadro:


Segundo a actividade económica, o maior continxente de parados correspóndese a servizos, con 144.263, aínda que tamén reflicte a maior redución, -4.397; seguida da industria, con 29.232 (-1.072); construción, con 28.502 (-1.116); sen emprego anterior, con 19.006 (-1.027); e a agricultura, con 8.059 (-307).


En canto aos contratos asinados en xuño, en Galicia foron 85.271, o que supón unha variación mensual de 16.998, un 24,90 por cento, fronte á media española do 9,71 por cento; e anual de 11.054, un 14,89 por cento, lixeiramente superior ao 13,64 por cento do conxunto do Estado.


Só 5.802 deses contratos son indefinidos, un 16,72 por cento máis que o mes anterior (1,81% a media) e un 7,42 por cento máis que doce meses antes (15,05%). No que se refire aos 79.469 contratos de carácter temporal, cun 25,54 por cento máis que un mes antes (10,39%) e un 15,48 por cento máis que un ano antes (13,53%).


No que se refire aos 79.469 contratos de carácter temporal, cun 25,54% máis que un mes antes (10,39%) e un 15,48% máis que un ano antes (13,53%).


O Ministerio de Emprego informou tamén dos gastos de prestacións por desemprego no mes de maio, que en Galicia foron de 89,6 millóns de euros, dos que 56,2 corresponderon a prestacións contributivas, 26,9 a subsidio, 5,4 á renda activa de inserción e 0,8 ao programa de activación de emprego.


A contía media da prestación contributiva percibida por beneficiario foi en Galicia de 771,7 euros, fronte á media española de 801,5 euros mensuais.


Os beneficiarios de prestacións por desemprego en Galicia foron en maio 113.834, dos que 44.031 o foron da prestación contributiva, 54.622 de subsidio, 13.040 da renda activa de inserción e 2.141, do programa de activación de emprego.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE