#Claves de la semana
DIPUTACION DE A CORUÑA

PSOE e BNG asinan o pacto de coalición para a Deputación da Coruña

O que será o próximo presidente de la Diputación coruñesa, Valentín González Formoso, e a futura portavoz i vicepresidenta, Goretti Sanmartín, escenificaron esta mañan a firma de un acordo para gobernar o organismo provincial en coalición durante os próximos cuatro anos.


|


O socialista Valentín González Formoso e a dirixente do BNG Goretti Sanmartín asinaron este mércores o acordo para gobernar en coalición a Deputación da Coruña durante os próximos catro anos, unha lexislatura na que aspiran a promover un “adelgazamento competencial” deste organismo e dar un maior protagonismo aos concellos.


A partir deste xoves, cando se celebrará o pleno de constitución do organismo provincial, González Formoso, alcalde das Pontes, será presidente da institución provincial e Sanmartín a súa vicepresidenta, tal e como se contempla no acordo de goberno rubricado.


Un acordo que, en opinión de Sanmartín, supón “un paso adiante na construción dunha nova arquitectura institucional para Galicia”.


Pola súa banda, o socialista sinalou que o acordo reflicte a “ilusión” compartida, que é “a superación” do actual modelo de Deputación. “A nosa intención é que a percepción da xente sexa que lle é útil” a deputación, apuntou o futuro presidente do organismo provincial.


TRANSFERENCIA DE SERVIZOS


Así, un dos principais puntos do acordo é superar o modelo actual e promover “un adelgazamento competencial, de equipamentos e centros”, indicou Sanmartín, que avogou por iniciar nestes tres primeiros meses un proceso de negociación de transferencias cara á Xunta e cara aos concellos.


Precisamente, os consistorios son outro dos eixos do acordo. Así, apostan por dar máis protagonismo aos concellos que, segundo explicou a nacionalista, “poderán decidir os recursos que van utilizar” e poder administralos directamente.


Preguntado por futuras fusións municipais, o rexedor das Pontes apostou por fórmulas “intermedias” despois de asegurar que a experiencia de Oza-Cesuras non ofreceu os resultados que esperaban.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE