#Claves de la semana
POR ORDEN DO XUIZ DA GÜRTEL

Rexistran a sede do Banco Popular na Coruña dentro da operación Gürtel

O xuíz José de la Mata ordenou a entrada á entidade para acceder a unha conta da que dispuña a empresa Belfast Link, relacionada cun dos presuntos homes de palla da rede


|

O xuíz José de la Mata ordenou este xoves a entrada e rexistro na sede do Banco Popular da Coruña para acceder a unha conta da que dispuña a empresa Belfast Link no Banco Pastor e coa que se relaciona a Amando Mayo, un dos presuntos homes de palla da trama Gürtel.

Nun auto ao que tivo acceso Europa Press, o maxistrado solicitou auxilio ao Xulgado de Instrución de garda da localidade galega para levar a cabo o rexistro. A entrada da secretaria xudicial levouse a cabo entre as dúas e as tres da tarde deste xoves.

O maxistrado actuou en resposta da petición realizada pola Fiscalía Anticorrupción para que se investigasen estes depósitos e se pedira ao Popular información sobre os emisores e destinatarios do diñeiro transferido polas compañías Belfast Link e EVES, de orixe uruguaia, movementos que alcanzaron unha suma total de 458 millóns de euros.

Segundo indicaron fontes da entidade a Europa Press, o Banco Popular e o Pastor colaboraron sempre e seguirán facéndoo en calquera investigación iniciada polas autoridades competentes e achegarán "cantos datos lles sexan requiridos sempre que os teñan no seu poder". 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE