#Claves de la semana
SINISTRALIDADE LABORAL EN GALICIA, JUNIO

Os accidentes laborais aumentaron case un 36% en Galicia en xuño

A sinistralidade acumulada no primeiro semestre creceu un 9,74 por cento, sobre todo na provincia de Pontevedra


|

Galicia pechou o mes de xuño cun total de 2.268 accidentes en xornada laboral, fronte aos 1.669 do mesmo mes do ano anterior, segundo os datos facilitados este domingo pola Consellería de Traballo e Benestar. Iso supón un incremento de case o 36 por cento.

Deses accidentes, 2.235 tiveron carácter leve; 29 foron graves e os catro restantes, mortais.

A construción foi o sector onde máis aumentaron os sinistros en xornada laboral, case un cincuenta por cento (en concreto, un 49,79 por cento). Analizando o índice de incidencia (relación entre os sinistros e o número de traballadores coas continxencias profesionais cubertas), o aumento é do 33,02 por cento, cun pico do 46,34 na construción.

En canto á sinistralidade acumulada nos seis primeiros meses do ano, a comunidade suma12.214 sinistros, cun incremento do 9,74 por cento respecto ao mesmo período do ano pasado

Pontevedra foi a que rexistrou un maior aumento nos accidentes computados de xaneiro a xuño, xa que se incrementa na provincia pontevedresa un 21,13 por cento, seguida de Ourense (8,54 por cento), Lugo (4,17 por cento) e A Coruña (3,71 por cento).

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE