#Claves de la semana
FERROL (A CORUÑA)

O Concello de Ferrol dá o primeiro paso para analizar unha remunicipalización do servizo de auga

Buscará asesoramento na Asociación de Operadores Públicos de Abastecemento para estudar o termo da concesión a Emafesa


|

O encoro de As Forcadas, na imagen, surte de auga a Ferrol, Narón, Fene, Ares e Mugardos


O Concello de Ferrol integrarase na Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento (Aeopas) e buscará asesoramento técnico e xurídico sobre unha posible remunicipalización do servizo de abastecemento de augas, que na actualidade leva a cabo a empresa mixta Emafesa, cun 51% de capital público.


Así o confirmou o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, despois de asistir á Xunta de Goberno que deu vía libre á integración. Ferrol será un socio máis da Aeopas para iniciar o camiño da xestión pública, que xa finalizou con éxito en dous municipios galegos: Arteixo e Punxín.

Asinarán o Pacto Social da Auga, no que están máis de 300 asociacións sociais, defendendo que "a auga é un ben público, un dereito de todos e que debe estar en mans públicas", dixo Suárez.

Para o rexedor, trátase "dun primeiro paso" cara á remunicipalización, posto que os estudios realizados pola Aeopas aseguran que suporá un aforro case inmediato e que o Concello recuperará "o control" da xestión.

Emafesa, a actual concesionaria mixta da xestión da auga en Ferrol está controlada por unha empresa privada nun 49%, "toda a parte técnica e de xestión", advirte o alcalde, e está en posesión da concesión ata 2030.

"O obxectivo de unirnos á asociación é obter asesoramento técnico e xudicial, co obxectivo de facer fronte ás grandes empresas privadas que acaparan a xestión deste servizo", asegura Suárez. "Non imos hipotecar o Concello por remunicipalizar un servizo", afirmou Suárez, quen puntualizou que "se é viable económica, técnica e xuridicamente" se vai iniciar esa senda".

XUNTA DE ACCIONISTAS DE EMAFESA

Este martes celebrarase unha reunión da Xunta de Accionistas da empresa mixta de augas Emafesa, na que se constituirá o Consello de Administración que preside o alcalde de Ferrol.

Será entón cando se requiran informes concretos de todo os trámites realizados e as medidas tomadas durante a crise da auga, segundo o alcalde, para descubrir por que o Concello se decatou pola Xunta de Galicia e non pola propia empresa de augas. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE