PONTEVEDRA DIPUTACION

Denuncian que a "actividade frenética" de Louzán no seu último mes deixou a Deputación de Pontevedra "sen recursos"

|

Rafael Louzan Ex-presidente da Diputación de Pontevedra


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva (PSdeG), asegurou que a "actividade frenética" de Rafael Louzán no seu último mes como presidente deixou a institución "sen recursos".


Carmela Silva informou este martes da situación das contas da administración provincial. Así respecto ao Plan Provincial de Obras e Servizos que dispoñía de seis millóns de euros de libre disposición, "a día de hoxe hai 245 euros" e en canto aos 1,5 millóns en concepto de libre concorrencia o anterior goberno xa se adxudicaron todos "polo tanto estariamos en cero".


En canto ao Plan de Acción Municipal, dedicado a actividades culturais, deportivas e sociais, estaba dotado cunha partida de 800.000 euros en concorrencia e 200.000 en libre disposición, "a día de hoxe a concesión de libre disposición está en 45,12 euros e a de concorrencia en 18.833, que xa están adxudicados".


No que se refire ao Plan de Acción Comunitaria, dotado cun millón de euros para asociacións e entidades sen ánimo de lucro, "contan con 65,18 euros".


"Polo tanto, consumíronse total e absolutamente, a xullo de 2015, todas as partidas", afirmou Carmela Silva.

No último mes antes do cambio de goberno houbo unha"actividade frenética para repartir estes fondos", sinalou a presidenta sen querer cualificar esta actitude por parte de Rafael Louzán.


"Imos traballar aínda que o anterior goberno non tivo a ben, permitir que houbese recursos para que no semestre que queda o novo goberno puidese tomar decisións e poñer en marcha as novas políticas", lamentou a presidenta.


A socialista Carmela Silva advertiu que este contratempo "non vai poñer freo a este goberno, todo o contrario nos dá máis impulso".


ACTITUDE POUCO ELEGANTE


Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación, César Mosquera (BNG) sinalou que a actitude de Louzán "para min non foi ningunha sorpresa" xa que o denunciou no Pleno e criticou que isto "demostra unha actitude pouco limpa, pouco elegante do anterior goberno".


Mosquera indicou que agora se poderán traballar no novo presuposto con calma e engadiu que esta situación "transcendencia para o futuro ten pouca".

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress