EXCESO DE VELOCIDADE, GALICIA A TERCEIRA COMUNIDADE

Galicia é a terceira comunidade con máis denuncias por exceso de velocidade

|

Case 28.000 condutores foron denunciados durante a última campaña de vixilancia da velocidade da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), entre os pasados días 20 e 26, unha semana na que foron controlados un total de 581.388.


Dos 27.854 denunciados, dous foron postos a disposición xudicial por exceder en máis de 80 quilómetros por hora a velocidade permitida, informa a DXT, que destaca que o 68 por cento das infraccións detectáronse en vías convencionais (as que dispoñen dun só carril en cada sentido) e en travesías.

Debido á alta porcentaxe de accidentes que se producen nas estradas convencionais reforzáronse os controis deste tipo tanto con radares estáticos como dinámicos.

Por comunidades do ámbito da DXT a maioría de denuncias formuladas pola Agrupación de Tráfico da Garda Civil, 6.516, tiveron lugar en Andalucía.

Van seguidas polas 5.306 en Castela e León, 2.463 en Galicia, 2.426 en Castela-A Mancha, 2.244 en Valencia, 1.776 en Aragón, 1.653 en Canarias, 1.193 en Asturias, 1.084 en Madrid, 997 en Murcia, 670 en Estremadura, 473 na Rioxa, 394 en Cantabria, 345 en Navarra e 314 en Baleares.

A estes resultados hai que sumar os controis que as distintas policías autonómicas e locais realizaron nos seus ámbitos de competencia.

A DXT recorda que a Lei de Seguridade Viaria e o Regulamento Xeral da Circulación fixan a normativa aplicable aos límites xenéricos e específicos de velocidade e que o seu incumprimento está tipificado como infracción grave ou moi grave e sancionado con multas de cen a seiscentos euros.

Ademais o Código Penal estipula que "o conducir un vehículo de motor ou un ciclomotor a velocidade superior en sesenta quilómetros por hora en vía urbana ou en oitenta en interurbana á permitida reglamentariamente será castigado coa pena de prisión de tres a seis meses ou a de multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días".

En calquera caso, prívaselle do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por un tempo superior a un ano e ata catro, e ademais o sistema de permiso contempla a perda entre dúas e seis puntos por este tipo de infracción dependendo do exceso de velocidade cometido. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress