#Claves de la semana
INCENDIO EN PEREIRO DE AGUIAR

Desactivada a alerta de nivel dous no incendio de Pereiro de Aguiar (Ourense)


A parroquia de Vilariño da localidade ourensá pasou toda a xornada do luns pendente do lume que ameaza as súas casas. 


|

A Consellería do medio Rural e do Mar informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19:30 horas deste luns.



DESACTIVADA A ALERTA 2 EN PEREIRO DE AGUIAR. Foi solicitada como medida preventiva a Situación 2 no lume do municipio ourensán do Pereiro de Aguiar, parroquia de Vilariño, que segue activo desde as 23:40 horas do domingo. Ás case 22.30 horas, o nivel de advertencia quedaba desactivado, se ben a situación continúa sendo de alto risco na zona. Segundo estimacións provisionais, afecta a 30 hectáreas de superficie. No seu control levan traballado 5 axentes forestais, 12 brigadas, 10 motobombas, 2 helicópteros e 2 avións.

Incendio de Vilariño, a veira do rio Miño, no encoro de Velle (Ourense)  Foto:Antón Alonso a las 21:37


ESTABILIZADO O LUME EN ENTRIMO. Desde as 17:50 horas da tarde deste luns permanecía activo un lume no concello ourensán de Entrimo, parroquia A Pereira, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. En torno ás 23.00 horas do mesmo luns, as chamas dábanse por estabilizadas. Na extinción deste lume, que leva arrasadas polo menos 50 hectáreas, traballaron 1 axente forestal, 8 brigadas, 6 motobombas, 2 helicópteros e 1 avión.

CONTROLADO O LUME EN SOBRADO. Está controlado desde as 14:45 horas deste luns o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Sobrado, parroquia de Codesoso, tras iniciarse ás 01:55 horas desta madrugada. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 80 hectáreas. Na súa extinción traballan 1 técnico, 7 axentes forestais, 15 brigadas, 12 motobombas, 2 pas e 2 helicópteros.

CONTROLADA A SITUACIÓN EN LOUSAME. Segue controlado desde as 11:15 horas o incendio rexistrado no concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, que afecta, segundo estimacións provisionais, a unha superficie de 40,78 hectáreas. Este lume iniciouse ás 15:15 horas do domingo e na súa extinción levan traballado 1 técnico, 7 axentes forestais, 21 brigadas, 9 motobombas, 2 pas e 4 helicópteros.

BAIXO CONTROL O LUME DE TOQUES, NO QUE ARDERON MÁS DE 320 HA.Permanece controlado desde as 07:33 horas o incendio rexistrado no concello coruñés de Toques, parroquia de Villamor, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 321 hectáreas de Rede Natura. Este lume iniciouse ás 12:15 horas do domingo e na súa extinción traballan 14 axentes forestais, 31 brigadas, 19 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 9 avións.

CONTROLADAS AS CHAMAS EN TRAZO. Permanece controlado desde as 05:41 horas o incendio rexistrado no concello coruñés de Trazo, parroquia de Benza, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 130,3 hectáreas. Este lume iniciouse ás 17:15 horas de onte e na súa extinción levan traballado 1 técnico, 9 axentes forestais, 12 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 1 helicóptero e 2 avións.

EXTINGUIDO O LUME EN FIGUEIRAS, EN SANTIAGO. Está extinguido desde as 17:30 horas o incendio rexistrado no concello coruñés de Santiago, parroquia de Figueiras, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 28,47 hectáreas, delas 18 de superficie arborada. Este lume iniciouse ás 19:44 horas de onte e na súa extinción traballaron 1 técnico, 6 axentes forestais, 11 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 2 helicópteros e 2 avións.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE